GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

313
1334, abril, 21. Lugo
Pedro Outeiro véndelles a García Fernández e á súa muller unha leira en Santa María de Alta por 60 soldos.
 MADRID, AHN, Carp. 1332 D/21, perg. orix., galego, gótica cursiva, 145x111 mm.

Sabeam quantos esta carta virem, commo eu Pedro Outeyro de Santa Maria Alta, de bon curaçon et de boa voontade vendo a vos, Garçia Ferrnandes et a vosa muler Aldara Eanes, huna leyra d’erdade que he en Santa Maria Alta, a os Forcoes da Riba, a qual leyra ias de huna parte cabo huna leyra que foy de Fernan Aras, et da outra testa fere na carreyra da iglesia, et da outra testa na leyra que foy de Fernan Aras, sub signo de Santa Maria Alta. Et reçebo de vos en preço por esta vençon sesaenta soldos d’esta moneda del rey don Affonso de que me outorgo por entrego et ben pagado, et obligo min et todos meus bees de vos faser esta vençon de pas, et desoie mays este dia todo meu poderio et senorio ende seia sacado et removudo de min et posto en vos.

Feyta a carta da vençon en Lugo XXI dia d’abril, era de mill et CCC LXX et dous annos.

Testemoyas: Affonso Eanes de sam Viçenço dos Muros; Iohan Affonso de Teyxeyro; Aras Gonçalves ts.

Et eu Ruy Ferrnandes, notario publico de Lugo, a esto commo dito he pressente foy et esta carta escrivi et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade.(+).