GMH/ÍNDICE A-Z

746
1376, xaneiro, 6. Lugo

Lope Arias véndelles a Vasco Rodríguez e á súa muller catro leiras de herdade en San Salvador de Calde por 80 marabedís.

MADRID, AHN, Carp. 1332 F/21, perg. orix., galego, gótica cursiva, 265x79 mm.

Sabeam quantos esta carta virem commo eu Lopo Aras, fillo de Aras Affonso de Santa Ouffemea et de Elvyra Ferrnandes, sua muller, que foron, vendo a vos Vaasco Rodrigues de Carvallido et Maria Ferrnandes, vossa muller, quatro leyros de herdade que iasen en Santa Eufemea, ho hun delles sub a Ermyda, et ho outro terreo ias enno lugar chamado de Paredes, que ias enna agra de Castro, et o houtro terreo ias en Granssemonde enno val do Vallin. Et os quaes ditos quatro terreos iasen sub signo de San Salvador del Calde, et perteesçen a min aaver por parte da dita Elvira Ferrnandes, minna nana. Et reçebo de vos en preço por esta vençon oyteenta moravedis desta moneda que ora corre, a des dineiros o moravedi, de que me outorgo por entrego et ben pago, et obligo por todos meus bees de vos faser a dita vençon senpre de pas por tal condiçon que lavredes et paredes ben os ditos terreos, et cada que eu ou minna vos veer et vos dar et pasar os ditos oyteenta moravedis que me dedes et entreguedes os ditos terreos con todos los boos paramentos que en elles foren feytos. Et eu, o dito Vaasco Rodrigues, que pressente soo por min et por la dita minna muller asy reçebo a dita vençon de vos, o dito Lopo Ares, et obligo por todos meus bees et seus dela de a comprir et gardar en todo segundo que nos perteeçe.

Feyta a carta en Lugo, seys dias de janeyro, era de mill et quatroçentos et quatorse annos.

Testemoyas: Diego Alvares de Bobeda, Garcia Afonso, seu home, et Afonso Peres, dito Prior, morador en San Çibrao, ts.

Et eu Fernan Peres, notario publico de Lugo por lo sennor obispo dese lugar, a esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente foy et aqui puge meu nome et meu signal en testemoyo de verdade. (+).