GMH/ÍNDICE A-Z

842
1381, setembro, 20. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Álvaro Gómez e á súa muller e a unha voz unha casa na rúa lucense da Cruz por renda anual de seis marabedís.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 83v.

Sabeam todos que nos o cabidoo da iglesia de Santa \Maria/ de Lugo estando juntados en cabidoo enno coro da dita iglesia por canpaa tangida, segundo que avemos de uso et de custume, presente don Johan Afonso, dayan, afforamos a vos, Alvaro Gomes de Lea et a vosa muller, Tareyia Vaasques, por vosa vida de anbos et de huna pesoa qual o pustrimeyro de vos nomear en vida ou a tempo de seu finamento, huna casa que he dos aniversarios desta iglesia que esta enna rua da Cruz a par d’outra casa de Gonçalvo de Ventura et da outra parte esta outra casa desta iglesia que ora ten Afonso Fernandes, sancristan, en foro, que he sub signo da capela de Santiago de Lugo; a qual casa que vos aforamos tinna en foro Jacome Peres dos aniversarios, que foy, a a tal condiçon que vos tenades feyta a dita casa et reparada et en boo paramento, et que dedes de cada anno de foro dela vos et a dita pesoa a quen tever os aniversarios desta iglesia, seys moravedis longos por Natal; et a voso finamento et da dita pesoa que a dita casa fique feyta et reparada a a dita iglesia et en boo paramento con todos los boos paramentos que y foren feytos.

Et eu, o dito Alvaro Gomes, que estou presente por min et por la dita minna muller et pesoa asy reçebo o dito foro de vos, lo dito cabidoo et dayan, et obligo meus bees et seus para o conprir en todo segundo dito he. Et nos o dito cabidoo asy vos lo outorgamos. Et porque he verdade nos las partes rogamos a Gonçalvo Peres, notario publico de Lugo, que fesese desto duas cartas en hun tenor, tal huna commo a outra.

Feytas en Lugo, viinte dias de setembre, era de mill et quatroçentos et dez et nove annos.

Testemoyas: o dito dayan; don Gonçalvo Yanes, chantre; et don Alvar Diaz, arçidiago de Aveancos; don Rodrigo Afonso, arçidiago de Deça; et don Pedro Ares, arçidiago de Neyra; et don Lopo Yanes, arçidiago de Sarrea; don Aras Peres, arçidiago de Deçon; et don Pedro Aras, arçidiago de Triacastella; don Diego Gomes, thesoreyro; don Thomas Gomes, juyz; Fernando Peres, Afonso Fernandes et Diego Lopes, Roy Lopes, coengos; Jacome Fernandes, et Alvar Fernandes, et Johan Garçia, raçoeyros; et Aras das Cortinas, ts., et outros.

Et eu Gonçalvo Peres, notario publico de Lugo, a esto foy presente et fis scripvir et aqui puge meu signal.