GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

188
1330, abril, 3
foro

O cabido afóralles a unha voz a Fernando Iáñez, dito Guedella, e á súa muller, Tareixa Iáñez, unha casa na rúa do Vilar, con condición de restaurala e cubrir un tendal no eixido, por 16 libras.

ACOu, Escrituras XVII, 74

Sabbeam quantos esta carta viren que eu Vaasco Perez deam d’Ourense e ho cabidoo desse lugar afforamos a vos Fernan Eanes dito Gedella e a vossa moller Tereyia Anes e a huna voz apus vossa morte danbos, qual o pustrimeiro de vos nomear, huna casa que nos o dito cabidoo avemos en Ourense na rua do Vilar, a qual foy de Johan d’Astasis e d’Orraca Perez sa moller, a qual esta entre a casa en que agora ten o viño Afonso das Maçaas da huna parte et da outra a casa que foy de Johan d’Astaris e ten as portas na rua publica, nas quaes casas morou Gonçalvo Garçia meestre da escola. Afforamos vos a dita casa con seu yxido que ella a por tal condiçon que refaçades as paredes della e façades no yxido aa porta destas casas huun tendal cuberto de tella, todo esto a custa de dous do dito cabidoo. Et dedes della cada ano en salvo ao dito cabidoo por dia de Santa Oufemea dez e seys libras de brancos da moeda del rey dom Fernando de que contan xlª pares de diñeiros por tres libras e se esta moeda non for em huso en Ourense que dedes a estimaçon deles, e que a aiades con sas entradas e seydas e con todos seus dereitos e livre e quite de todo outro enbargo. Et he posto desque estas casas foren reparadas a custa de dous do dito cabidoo e as paredes dellas caeren por fondamento que o dito cabidoo as faça. Et se quiserdes vender ou deitar ou enpeñorar vos ou vossa voz no dito tenpo a dita casa e yxido que o vendades ou deitedes ou enpeñoredes ante ao dito cabidoo ca a outre pello justo preço e se a el assy non quiser reçeber enton a vendede ou deitade ou enpeñorade a atal ome que pague o dito foro cada anno en paz e en salvo commo dito he ao dito cabidoo. Et se recreçer contenda entre vos ou a dita voz e o dito cabidoo sobre esta casa ou sobre parte dello que se termine por dous do dito cabidoo tomados sen suspeita a prazer das partes sem outra apellaçon. Et se as condiçoens desta carta non forem agoardadas em todo commo dito he, que o dito cabidoo possa tomar a dita casa com sas boas paranças se quiser. Et o dito cabidoo obligou seus beens para vos anparar e defender senpre a dereito com o dito aforamento. Et eu o dito Fernan Eanes por min e polla dita mia moller e pola dita voz obligo todos nossos beens para pagar o dito foro commo dito he e agoardar as ditas condiçoens e cada huna dellas. Et desto as ditas partes pidirom a min Affonso Viviaez chançeler senllas cartas partidas por a.b.c. Feita a carta en Ourense, tres dias de abril, era de mill e trezentos e seseenta e oyto annos. Testimuyas que a esto presentes foron Martin Fernandez, Affonso Lourenço, Roy Perez coengos, dom Berald’Afonso arçidiago, Gonçalvo Rella moordomo do dito cabidoo.

Et eu Affonsso Viviaez coengo d’Ourense e chançeler dessa çidade que a estas cousas presente foy e en mia presença as fige escrivir e este meu sinal y puge.

(sinal)

[reverso] litera capituli