GMH/ÍNDICE A-Z

475
1276/08/23.

O escudeiro Afonso Pérez e os seus irmáns Martiño e Maior, esta co seu marido, Xoán Martínez, cambian a súa herdade na vila de Beade co mosteiro de Toxos Outos pola herdade deste na vila de Beluso.

B.- Tombo, f. 134r.

Transcr.- SALVADO MARTÍNEZ, B.- “Tumbo de Toxosoutos...”, doc. n.º 54, pp. 224-225.

Carta de Alfonso Petri de Riatelo, escutarius, et de suis germanis de hereditate de Biade et de Riatelo et Beluzoo.

In nomine Domini nostri Ihesu Christi, amen. Cunuzuda cousa seia a todos que esta es carta de concanbio ia por sempre valedeira so pea do mill soldos alfonsinorum roboratam asi que eu Affonso Perez, escudeyro de Ryatelo, filo de Pedro Diaz, caualeyro, et Martin Perez et Maior Perez et seu marido Joham Martini presente et outorgante et irmaos meos, filos desse Pedro Diaz, por nos et por toda nossa uoz a uos don Sanchu Eanes, abbade do moesteyro de San Iusto de Togos Altos, et o conuento do predicto moesteyro et a toda sua uox damus en concanbio ia por senpre vna quarta da vna sexta da uilla de Biade cum suas dereituras per u for uoz dessa uilla. Et uos dades a nos por este concanbio vna oytaua do villar de Buluzoo per u for uoz deste uillar, qual oytaua uos gaastes de Sancha Alfonso. Et debemos uos amparar unos outros cum nos predictos concanbios per nos et por todas nossas boas. Eu don Sancho Eanes, abade, et o conuento do predicto moesteyro rogamos ao senor arcebispo don Gonzalo que ou outorge este concanbio que est prol do moesteyro. Siquis de nossa parte contra este concanbio ueer quin quer que for peyte a outra parte a pea sobre dita, et o concanbio seia firme ia por sempre.

Feyta a carta do concanbio en era de mill CCCa XIIIIo annos et o quodo X dias ante kalendas setenbris.

Nos iamdictos cartam manus nostras roboramos.

Q. p. f.: Fernan Paayze, clerigu de Duyo. Fernan Gunzaluez, clerigu. Pedru Lada d’Ouzonio. Martin Perez de Sarnan. Domingo Perez dito Botello de Ceruia.  Domingo Osso.

Ego Petrus Didaci, iuratus notarius inna terra de Ualeyron, interfui et scripsi et conf. et signum meum apposui. (Signum).