GMH/ÍNDICE A-Z

104

1418, decembro, 1.
Bernal Yáñez do Campo, declara que el tiña o mordomado da cidade por mercede do arcebispo don Lope de Mendoza e que por ausencia de Juan Pica, que tivera o cargo no seu nome, nomeaba para substituílo a Pedro Gómez de Ciquelo, para que gardase ós presos e outras obrigas do cargo. O Concello admite a Pedro Gómez de Ciquelo e tómalle xuramento.

Dia quinta feira o primeiro dia do mes de dezenbro anno Domini Mº CCCCXVIIIº. Bernaldo Yanes do Canpo tenia en merçed el mayordomazgo que es [aora el portazgo]30.

Dia esta feira, dous dias do mes de dezenbro. Sabean todos que seendo o conçello, alcalles, regidores e omes bõos jurados da çidade de Santiago juntados por crida de anafil, segundo que han de uso e de custume enna notaria de Rui Martines, notario publico da dita çidade, presentes ende Martin Galos e Juan Ares da Cana, alcalles, e Fernan Gonçales do Preguntoiro e Afonso Fernandes Abril e Gomes Rodriges, bachiller jurados enna dita çidade e en presença de min Fernan Yanes, notario etc, e scusador etc. e dos testemoyas adeante scriptos, pareçeu enno dito conçello Bernald Yanes do Canpo e diso que el tiiña en merçed de noso señor o arçobispo de Santiago don Lopo o ofiçio de moordomadgo da dita çidade con as rendas e dereituras a el perteeçentes e por quanto de presente el non posera nen avia posto quen por el tevese o dito ofiçio por lo ausentamento de Juan Piqua que o por el ata agora tevera, por ende que poyna e puso por moordomo enna dita çidade a Pero Gomes do Ciquelo, criado de Martin de Santiago a quen Deus perdom, para que tevese a cadea e gardase os presos que en ela fosen postos e fezese as remataçoes e exsecuçoes e husase do dito ofiçio segundo que avian husado os outros moordomos que foran por el enna dita çidade e que rogava e pedia ao dito Conçello, alcalles e jurados que reçebesen o dito Pero Gomes por moordomo e husasem con el enno dito ofiçio. Et o dito Conçello, alcalles e regidores, jurados e omes bõos dijeron (sic) que hoyan o que dezia o dito Bernald Eanes. Testemoyas que a esto foron presentes, Martin das Figueiras, bachiller en dereito e Vaasco d’Ardelos, scudeiro do dito Bernald Yanes Juan Ares do Vilar e Fernan Juliate, canbeadores e Juan Martines do Vilar, veziños da dita çidade. Item en este dito dia o dito Pero Gomes pareçeu ante os ditos alcalles e regidores e diso que reçebia e reçebeu o dito ofiçio de moordomadego e feso juramento sobre sinal de Crus que del reçebeu o dito //
(Fol. 53 vº)
Juan Ares, alcalle que bem e verdadeiramente usaria do dito ofiçio e gardaria serviço e mandado de noso señor o arçobispo e prol e onrra do dito Conçello e veziños da dita çidade. Testemovas que a esto foron presentes, Pero Afonso, notario da dita çidade e os ditos Gomes Rodriges e Fernan Gonçales do Preguntoiro.


30 O comprendido entre corchetes: están repasadas as palabras posteriormente por outra man. No fondo están as palabras orixinais.