GMH/ÍNDICE A-Z

156

1437, agosto, 9. Vilamaior-Mondoñedo.
Traslado notarial do ano 1467 da constitución outorgada entre o bispo de Mondoñedo don Pedro Enríquez de Castro e o deán e Cabido, coa clerecía do bispado, pola que se dispuxo que tódolos curas levasen integramente tódalas ofertas de beixamáns, sen dar parte delas a outros beneficiados, a excepción dos beneficios que eran da mesa episcopal ou capitular.
B, papel, tamaño folio ­–tres páxinas–, con selo notarial. Letra procesual incipiente.
A, perg., no Tumbo Pechado, fol. 160r: ACM, Arm. 3, n.º 10.
C, na Transcrición do Tumbo Pechado, pp. 295-296. ACM, A 5, E 3, L 13.
Ed.: a. garcía y garcía e e. cal pardo: Synodicon Hispanum. I. Galicia, Madrid, 1981, pp. 35-36.
Ref.: flórez, vol. xviii, p. 196.

Enna çibdad de Vilamayor oyto dias do mes de abril anno do nasçemento / de noso sennor Jesucristo de mill et quatroçentos et sesenta et sete annos abdiençia das Besperas ante o sennor Aluaro de Pequin liçençiado en Decretos thesou/reiro da yglesia de Mondonedo prouisor et vicario general en lo spiritual et / tenporal da dita yglesia et obispado por lo reuerendo sennor don Fadarique / de Gusman obispo da dita yglesia et obispado et do consello del rey noso sennor / en presença de min notario et testemoyas ajuso scriptas seendo o dito prouisor / et vicario enna abdiençia publica segundo que ha de vso et de costume paresçeu / ende presente Juan Fernandes Danca canoigo da dita yglesia et presentou ante / o dito prouisor et vicario hun libro da dita yglesia o qual era pechado con chaue / enno qual dito libro en vna folla del se continna hua constituiçon orde/nada por lo sennor obispo don Pedro que Deus aja con seu dean et cabildo / et clerigos do dito seu obispado a qual dita constituiçon era signada do sig/no de Pedro de Horozco notario apostolico segundo que por ela paresçia et logo / o dito Juan Fernandes Danca canoigo diso que por quanto a dita constituiçon fora feita / et ordenada en pro dos benefiçiados et clerigos do dito obispado et alguns se / entendian de aproueytar dela por ende que pedia et pedeu ao dito prouisor / et vicario que mandase a min o dito notario que sacase ou fesese sacar hun / traslado et trasunto da dita constituiçon de veruo a veruo et o signase / de seu signo et entreposese a el seu decleto et abtoridad et / mandase que valuese et fesese fee asy commo o propio original ondequer / que paresçese en juyso et fora del. Et o dito prouisor et vicario diso que visto o pedimento a el feito por lo dito Juan Fernandes Danca canoigo et sua petiçon / ser justa et obra piadosa et acreçentamento da yglesia que madaua et mandou / a min o dito notario que sacase ou fesese sacar hun traslado et trashunto da dita / constituiçon de veruo a veruo et o signase de meu signo et sacado o dito / traslado de veruo a veruo da dita constituiçon et conçertado con ho original / diso que entrepuyna et entreposo a el seu decleto et abtoridad et / que mandaua que valuese et fesese fee ondequer que paresçese en juyso et fora del asy / commo o propio original do qual dita constituiçon o tenor de veruo a veruo he este que se sigue:
Enna çibdade de Vilamayor dentro enna yglesia catedral de Mondonedo des / et nove dias do mes de agsto anno do nasçemento de noso sennor Jesucristo de mill et quatroçentos et trinta et sete annos o sennor don Pedro obipo de Mondonedo çelebrando signado con o seu dean et cabildo et personas et canoigos de sua yglesia et con a cle/resia do dito seu obispado et abades et priores et con seu acordo et consenso deles / ordenou et feso esta constituiçon aqui contiuda et mandou que se tenna et cunpla / et guarde por senpre en todo seu obispado por que entendia que era seruiçio de Deus et / que as yglesias curadas et rectorias seerian millor seruidas et os rectores delas ave/rian seu sustentamento et terian mellor cargo de curar et regir seus parochianos / conben a saber que o dito sennor obispo de consentimento dos ditos seus dean personas / et cabildo et cleresia mandou et ordenou que todos los clerigos rectores et curas das iglesias / de todo o dito seu obispado ajan et leuen toda a oferta de mao beijada enteiramente / das outras partes et quinoes dos benefiçios sin cura de todo seu obispado sitos ennas / ditas yglesias de que son ou foren curas et en cada hua delas. Et diso que vnia et / aneixaua todas las ditas ofertas de mao beijada aas ditas curas et a cada hua / delas que as leuassen et non desen parte aos outros benefiçiados et parçeiros ennos / ditos benefiçios sen cura. Et diso que mandaua et logo mandou ao dean arçedianos / et personas et a quaesquer outros eclesiasticos da dita sua yglesia et obispado que tinan jur/diçon de proueer que feseren daqui adeante os titulos et colaçoes dos taes benefiçios / curados que quando os asy feseren que ponan et expriman en eles que todas las curas / leuen et ajan toda a oferta de mao beijada et la manden asy leuar segundo dito he. Et / asy lo mandou cunplir et guardar aos fligueses sub penna d-excomoyon. Et mays / o dito sennor obispo mandou a seus vicarios que son et foren ao adeante que sy anteles / aconteçer vyir pleito algun que façan guardar et cunplir esta dita constituiçon en todo a qual / o dito sennor obispo diso et ordeno et quiso que se non entenda nen estenda aos benefi/çios que son da sua mesa obispal nen aos benefiçios que son et foren da mesa do cabildo / aos quaes non queria perjudicar. Et mandou a min Pedro de Horozco seu canoigo et / notario que o dese asy signado aos clerigos que o demandasen et Diego Aluares canoigo / procurador do cabildo la pedeu que la lançe en este libro para o dito cabildo. Testigos / que estan et foron presentes Pedro Marinno de Lobeira dean Aluaro Gomes de Scalona chantre Nunno / Rodrigues de Soutelo arçidiano de Trasancos Gonçaluo Meendes Afonso Gonçales Diego Aluares Pedro curador do / cabildo Gonçaluo Peres Roy Dias Lopo Aluares Juan Enrriques personas et canoigos da dita yglesia / et Fernan Peres et Pedro Fernandes raçoeiros et Fernan Dourado prior de San Martinno de Mondonedo / et Ruy de Naraio prior de Pedroso et Ruy Lopes clerigo de Santa Crus et Diego Afonso de / Viueiro et Roy de Marchena et outros clerigos do dito obispado moytos. Et despoys / desto anno Domini mº ccccº xlº viiiº xxxi dias do mes de agosto ennos balcoos al/tos dos paaços de don Pedro de Vaamonde electo confirmado do obispado de Mondo/nedo enna dita çibdad çelebrando capitolo et con sua cleresia et cabildo foy/lle notificada esta dita constituiçon et la aprobou et confirmou a petiçon da dita cle/resia. Foron testigos o dito arçidiano de Trasancos et Gomes Peres meestrescola et Aluaro / Afonso de Pequin thesoureiro et Juan Enrriques Afonso Gonçales, Gonçaluo Peres Roy Gonçales et outros canoigos / da dita iglesia et Juan Martines et Diego Afonso et Pedro Eanes et Roy Fernandes de Chauin et / outros clerigos do dito obispado. Eu o dito Pedro Horosco canoigo de Mondonedo / notario publico por la abtoridad apostolica et ordenaria a todo esto que dito he / con os ditos testigos presente fuy et esta constituiçon et confirmaçon escriuin a pedimento / do dito procurador do cabildo et signey de meu signo acustumado que tal / he rogado et requerido.
Testigos que foron presentes ao dito autorisamento et pedi/mento feito por lo dito Juan Fernandes Danca canoigo Pedro Martines de Felgeira Juan / Gonçales de Fontemoyn canoigos da dita yglesia et Jacome Maseda escudeiro de / Pedro Pardo et outros. Et eu Iohan Fernandes de Vilasyndre notario publico do sennor obispo / de Mondonnedo enna sua çibdat de Vilamayor et en todas las outras vilas et lugares / do dito seu obispado a todo o que sosbredito he en vn con os ditos testigos presente foy et esta / dita constituyçon por outro fielmente fis escripuir seendo ocupado de outros negoçios et la / conçertey con o propio original de verbo a veruo en esta folla et media de medio pliego de papel / con esta en que vay meu signo et ençima de cada vna tildado con tres tildes de tinta / et en fin de cada vna robricada con minna rubrica acostumada et por vertud do dito / abtorisamento et a rogo et pedimento do dito Iohan Fernandes canoigo aqui puge este meu / nome et signo que tal he en testemoyo de verdade. Iohan Fernandes notario (Rúbrica). (Signo).