GMH/ÍNDICE A-Z

214
1326
O Cabido arréndalle ao cóengo Lope Rodríguez a administración de setembro por 500 marabedís anuais.
MADRID, AHN, Cód. 1042 B, fol. 70r.

Era de mill et CCC LXª et quatro annos [...] [Sepam quantos] esta carta viren. Commo nos don Fernan Aras, dayam de Lugo, et o cabidoo [...]uro da iglesia de Santa Maria, aly hu he acustumado de façermos cabidoo, por campaa tanguda [...] Lopo Rodrigues de Rodeyro, coengo de Lugo, amiistraçon do mes de setembro, con todas suas pertenenças et dereyturas, segundo [Affonso] Alvares tevo de nos arrendada; et segundo se husan as outras rendas do cabidoo; et avedesnos a dar por ella cada anno quinentos moravedis, et teer-llo mes, et dardes quatro paes a o coengo, et dous a o raçoeyro, et pagar segundo pagan as outras rendas do cabidoo. Et eu, Lopo Rodrigues sobredito, assi reçebo en min esta renda, et obligo por min et por todos meus bees de a pagar et comprir en todo segundo dito he. Et demays douvos por fiadores a dom Fernam Aras, dayam sobredito, et Aras Perez de Parrega, estes fiadores presentes et outorgansse por fiadores. Et que esto seia çerto et non venna en dulta estas partes sobreditas rogaron a min Jacome Eanes, notario publico de Lugo, que feçesse ende esta carta. Testemoyas que foron presentes: o dayam sobredito, et o meestrescola, don Iohan Beçerra, iuyz; don Pedro Savaschaes, thesoreyro; Fernan Afonso, Aras Peres de Parrega, coengo de Lugo; Andreu Peres, Pedro Ferrnandes, Pedro Migueles, et Françisco Guillelmes, clerigo do choro, ts., et outros. Et eu Iacome Eanes, notario sobredito, a esto presente foy et a rogo do dayan et do cabidoo sobredito esta carta en mina presença fiz escrivir, et puge en ella meu nome et meu sinal en testemoyo de verdade. (+).