GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

53
1307, maio, 8

Tareixa Pérez e María Domínguez véndenlle ao bispo de Lugo parte dunha leira próxima ao pazo do bispo, en Corvelle, por 123 soldos. Tareixa Pérez véndelle ademais outra porción da devandita leira por 56 soldos.

MADRID, AHN, Carp. 1332 A/19, perg. orix., galego, gótica cursiva, 187x122 mm.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos Tereyia Peres de Corvelle et Marina Dominguez, moller de Pedro Peláez, dy de Corvelle de boo coraçon et de boa voontade, vendemos a vos don Rodrigo, por la gracia de Deus bispo de Lugo, a quarta d'una leyra que ias en campo ante o paaço do bispo de Corvelle, et estan da una parte as castineyras forcadas et da outra parte partesse por lo marco que esta contra os paaços dy de Corvelle; a qual leyra foy do casal de don Domingo, con todas suas pertenenças et dereituras. Outrosi vos vendemos a quarta d'um formal con seu saydo, que ias cabo da ayra da Lagoa, o qual se parte con o casal de Quinteela, a qual leyra et formal son sub signo de San Viçenço de Coe; et reçebemos de vos en preço por esta vençon çento et viinte et tres soldos da moneda que ora anda del rey don Fernando dos quaes nos outorgamos por ben pagadas. Outrosi eu Tereyia Peres sobredita vendo a vos, o bispo sobredito, outra sesma d'aquesta leyra sobredita de que vos ia vendi a quarta con esta Marina Dominguez segundo dito he, et reçebo de \vos/ en preço por ela LVI soldos da moneda sobredita, que me outorgo por ben pagada. Et nos Tereyia Peres et Marina Dominguez sobreditas nos obligamos por todos nossos bees de vos fasermos esta vençon de pas des aqui endeante aiadesla sempre en pas et toda vossa voz pus vos todo meu senorio et poder removudo.

Feyta a carta de vendiçon VIIIº dias de mayo. Era de mill et CCC et XLVe annos.

Testemoyas: Domingo Peres prelado d'Atan; Diego Alvarez escudeyro ts.; Rodrigo Affonso prelado da eglesia de Seteventos; Fernan Iacome escudeyro; Pedro Aras de Avol ts.; Iohan Nunez de San Yoanne do Campo ts. et outros.

Et eu Françisco Lopes, notario publico de Lugo, a esto presente fuy et esta carta escrivi et notey a rogo das sobreditas Tareyia Peres et Marina Dominguez et puge en ela meu signal.

SIGNO