GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

240
1340, abril, 19 (Bentraces)
doazón

Xoán Xiráldez, cóengo, dóalle ao seu criado Rodrigo Iáñez, en casamento con Costanza Pérez, filla do cabaleiro Estevo Fernández, as súas herdades da cortiña do Pazo na vila de Souto, unha casa na rúa do Pumar e outros bens foreiros ao cabido.

ACOu, Escrituras XIII, 40

Sabeam quantos esta carta viren que eu Johan Giraldez coengo d’Ourense dou e outorgo e entrego logo por esta presente carta para senpre a vos Rodrigo Anes meu criado fillo de Tereyia Peres yrmaa que foy de Roy Pereyras e de Johan Pereyras em casamento con Costança Esteveez filla de Estevoon Fernandes cavalleyro que foy e de Elvira Peres con que vos entendo a casar, todos meus herdamentos e vinas e arvores que eu aio e me perteençe a su a villa de Souto, no lugar hu chaman a cortina do Paaço, assy commo parte pelas cortinas da igleia de Sam Miguell de Souto e commo vay ferir enna ponte de Vilarino e de sy commo parte pelo rio Anfesto e commo vay ferir no portal da azea. Douvos os ditos herdamentos e vinas e arvores, tanbem o que he de dizimo a deus que eu y aio e me perteeçe commo aqueles de que me am de fazer foros. Item aynda vos dou e outorgo en casamento con esto que dito he todo o meu herdamento que eu conprey de Maria da Ayra con todas suas arvores e froyta, assy commo vay ferir enno rio da Azea e partem pela mina cortina do Estanco. Item aynda vos dou e outorgo em casamento con esto que sobre dito he a mina leyra de vina que iaz enno outeiro da Pia, que ora ten de min Johan de Paaços, que é enna friguesia de Sam Miguell de Souto. Item aynda vos dou en casamento con esto que dito he a mina leyra da vina do Brunedo a que dizen a vina da Estusalla. Et estes erdamentos e vinas e foros con sas arvores e con sa froyta vos dou e entrego logo por esta presente carta en casamento commo dito he con sas entradas e seidas e con sas perteenças a monte e a fonte, assy que vos e vossa voz os aiades e pesuyades en jur de erdade para senpre daqui endeante, et façades deles toda vossa livre voontade e o que vos aprouver. Et aynda outorgo de vos dar en casamento con esto que dito he por dia de Sam Johan Bautista primeiro que ven dez moyos de pan pela tega dereita de quatro çelamiins. Et para todo esto assy conprir e para vos deffender a dereito con os ditos herdamentos e cousas sobre ditas e para vos dar o dito pam ao dito termio, obligo todos meus beens gaanados e por gaañar. Item aynda vos dou e outorgo en casamento con esto que dito he as casas que eu teno afforadas do cabidoo d’Ourense que estam enna rua do Pumar, ennas quaes morou Fernan Anes e Maior Migues sua moller que foron, assy commo as teno do dito cabidoo. Et logo todo jur, voz, dereito, senorio, posisom, propiedade e auçon que eu aio e me perteençe e perteeçer deve de dereito ennos ditos herdamentos e casas e cousas sobre ditas, todo o tollo e removo de min e de mina voz e pono y vos e vossa voz en corporal posisom deles para por senpre daqui endeante por esta presente carta. Et renunçio que nunca por min nen por outre contra esto que sobre dito he vena nen diga delo o contrario en ninhuna maneira et se o diser outorgo que me non valla nen seia sobrelo oydo en juyzo nen fora de juyzo. Feyta a carta en Ventrazes, dez e nove dias dabril, era de mill e trezentos e seteenta e oyto annos. Testemuyas Françisco Peres e Ares Peres yrmaaos da dita Elvira Peres e Miguell Anes reytor da igleia de Sam Pero de Moreiras de Louredo e Lourenço Peres clerigo de Pedroso e Miguell Martines e Domingo Calveira e Giraldo moradores en Ventrazes.

Et eu Johan Maçia notario publico do castello e dos coutos do bispo et da igleia d’Ourense pollo bispo e polla dita igleia que a esto presente foy et en myna presença o fige escripvyr e meu signal y puge en testemuyo de verdade que tal he.

(sinal)

[reverso] Carta commo Johan Giraldes deu a (...)