GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

479
1395, xaneiro, 25 (San Lourenzo da Pena)
foro

Domingo Iáñez, reitor de San Lourenzo da Pena, afóralle a catro voces a Xoán Lourenzo, capelán desa igrexa, unhas viñas e unha leira, por quinta en vida e as voces cuarta.

ACOu, Escrituras XIX, 435

Anno do nasçemento de noso señor Ihesu Cristo de mill e tresentos e noveenta e çinqo annos, martes viinte e çinqo dias do mes de janeiro. Sabean quantos esta carta viren commo eu Domingo Yanes clerigo rector da igleia de San Lourenço da Penna por liçençia e abtoridade de don Vaasco Peres Corvacho arçidiago de Castela enna egleia de Ourense que esta presente, outorgante e me da sua autoridade para esto, dou e outorgou a foro a vos Juan Lourenço clerigo capelan de San Lourenço da Penna en vosa vyda e quatro voses despoys de voso finamento, huna pos outra feytas por ordeen asy que vos en vosa vyda que nomeedes a primeira vos e asy vaan hunas pos outras ata que sejan acabadas as ditas voses subçesive, conven a saber que fos aforo hunas herdades de viñas que a dita miña egleia ha enna veiga de Coendo, as quaes eu o dito Domingo Yanes conprey de Gonçalvo Yanes de Paaços et de Sancha Oanes de Cuynas moller de Gonçalvo Viscayno et outrosy de Rodrigo Ares de Paaços e de sua moller Maria Oanes por huna carta de concanbeo que me delas feseron os ditos Rodrigo Ares e Maria Oanes, commo parte huna delas por outra do dito Rodrigo Ares, et ençima topa nos pardineiros do lagar de Revoredo e parte por outra de Juan Mouriño et parte por outra de Juan Lourenço de San Çibraao et parte por outra viña de Roy da Lagea que foy. Iten do outro cabo parte por outra que ora ten Ruy Mouriño de Cuynas. Iten vos aforo outra leyra a que chaman do Monte, commo parte por outra de Gomes Eanes en fondo, e huna das yllargas parte porla tapadura da congostra vella de Revoredo. Et estas herdades por que se parten son da dita igleia de San Lourenço. Esto que dito he vos aforo a tal pleito e condiçon que lavredes e paredes ben estas ditas herdades commo non desfalescan por mingoa de lavores e boos paramentos, e façades delas en vosa vida a min ou ao rector que por tenpo for foro de quinto, e aas vozes de pos vos faran foro de quarta, o desemo enteyramente aa dita igleia donde quer que lavrardes, as quaes novydades avedes de coller en cada huun anno por min ou por meu home ou do rector que porlo tenpo for enna dita igleia, o qual avedes de proveer de comer e de beber cumunalmente mentre reçeber o quinon da dita egleia, o qual quinto avedes de levar por vosa custa ao çeleyro da dita igleia vos e as vozes de pos vos. Fiinçidas estas vozes esto que dito he fique livre e quite aa dita igleia con todos seus boons paramentos, as novydades alçadas. Et aposto se ouverdes de vender ou deytar ou subpenorar que seja ante a min ou o rector que porlo tenpo for da dita egleia e nos lo dedes porlo justo preço, et non no querendo nos que o vendades ou deytedes ou subpenoredes a tal personna que seja semellavele de vos que cunpra e agarde todas estas condiçoes desta carta e cada huna delas. Et outorgo que sejades anparados vos e as vozes de pos vos a dereito porlos beens da dita egleia que vos eu o dito Domingo Yanes para elo obligo. Et eu o dito Juan Lourenço que soon presente e outorgante por min e porlas voses de pos min asy o reçebo de vos o dito Domingo Yanes o dito aforamento porlas ditas condiçoens et obligo todos meus beens de as conprir e agardar en todo segundo que dito he. Et qual quer de nos partes que a esto pasar e o asy non cunprir e agardar peyte por nome de penna quinentos mrs. e a vos del rey outros tantos peyte e a penna pagada ou non esta carta fique firme e valla enno dito tenpo e voses por que he feyta. Et nos don Vaasco Peres Corvacho arçidiano de Castela enna igleia de Ourense damos e outorgamos nossa liçençia e abtoridade a este dito aforamento por quanto vos o dito Domingo Yanes fesestes juramento ennas maaos de nos o dito arçidiano que esto que he prol da dita vosa igleia et mandamos que valla porlo dito tenpo e vozes por que he feito e entrepoemos a elo noso decreto. Feyta a carta en San Lourenço da Penna o anno e dia e mes sobre ditos. Testemoyas que estavan presentes Joan Peres clerigo de Sam Fiis, Roy Gonçalves clerigo capellan de San Lourenço da Pena et Gil Soxa clerigo e Lourenço Anes de Cuynas et outros.

Et eu Rodrigo Afonso notario publico del rey et por Di[e]go Peres Sarmento em terra de San Juan, Novoa et de Ribeiro d’Avia e em toda a meirindade d’Orsellon a esto que sobre [dito] he con as ditas \tests./ presente fuy et [en] miña presençia o fis escripvir et aqui meu nome e sinal fis em test. de verdade que tal he.

(sinal)