GMH/ÍNDICE A-Z

981
1421, marzo, 15. Lugo

O Cabido de Lugo outórgalle a Lopo Vello un terreo edificable en Ramil, freguesía de San Xoán de Tirimol, recibindo a cambio dúas leiras no mesmo lugar.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, fs. 139 r. e v.

Sabeam quantos esta carta de escanbea virem como nos o dean et cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo por canpaa tangida dentro en o coro da dita iglesia, segundo que avemos de uso et de custume, et con outorgamento et de liçençia de dom Afonso Lopes, chantre de Lugo, et Rodrigo Ares, coengo de Lugo, et Ares Peres do Cavalo, rendeyros et teedores dos bees da Capela Nova de San Domingo chamada dos Reys, sita en esta iglesia de Lugo, que estan presentes et outorgantes, fesemos escanbea convosco Lopo Vello, morador en Ramil, que he en a fregresia de Sayoane de Terimol, que estades presente, conven a saber que vos damos et outorgamos a meatade de hun formal de casa que esta en Çima de Vila, et a metade de outro formal de casa a o Lamageyro junto con vosa casa de morada, os quaes ditos formaes son et estan en a dita aldea de Ramir sub o dito signo de Sayoane de Terimol et son da dita Capela de San Domingo dos Reys, os quaes vos damos et outorgamos con toda sua pedra et entradas et saydas como a eles perteesçe por jur de herdade para senpre jamays para que vos os posades entrar et reçeber por vos meesmo et faserdes en eles et deles como de vosa cousa propia d’aqui endeante.

Et eu, o dito Lopo Vello, que presente estou asy reçebo os ditos formaes de vos, o dito dean et cabidoo, et dou logo et outorgo en a dita escanbea a vos, o dito cabidoo, para dita Capela de San Domingo por iur de herdade para senpre jamays, dous leyros de herdade hun de cortinas et o outro de agro; o qual dito leyro de cortina jas a a pereyra da cova junto con outro leyro da dita Capela, et da outra parte junto con outro leyro da Capela de San Migeel. Et o dito leyro de agro ias a o lugar chamado do [Cuio] junto da huna parte con a herdade da Capela et da outra parte ias junto con outro leyro de Martin Afonso de Ramil, que son tanben sub o dito signo de Sayoane, os quaes vos logo dou et outorgo et o jur et propiadade et senorio que a eles aio, et obligo a min et a meus bees de vos los faser saaos et de pas a todo tenpo. Et nos, o dito dean et cabidoo, asy os reçebemos para a dita Capela de San Domingo. Et prometemos nos as ditas partes et cada hunas de nos de non yrmos, nen pasarmos contra esta dita escanbea asy entre nos feyta por maneyra de engano, nen por outra rason algua, et se o tentarmos de faser queremos et outorgamos que non valla, nen seiamos sobre elo oydos en juyso nen fora del. Et porque esto seia çerto rogamos / et mandamos a o notario iuso escripto que fezese desto duas cartas de foro anbas feytas en hun tenor huna para vos, o dito Lopo Vello, et vosa voz, et a outra que a lançase en o libro do dito cabidoo da dita iglesia, et as signase de seu signal.

Que foy feyto et outorgado dentro en o coro da dita iglesia de Santa Maria de Lugo, quinse dias do mes de março, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et viinte et hun anos.

Testemoyas que foron presentes et outorgaron o que sobredito he: dom Juan Martines, dean de Lugo; et dom Afonso Lopes, chantre; don Diego Alvares, arçidiago de Neyra; dom Rodrigo Afonso, juyz; Pedro de Tendilla, thesoreyro; Pedro Lopes, Lopo Ferrnandes, Juan Dias, Juan Lopes, Afonso Teyxeyro, coengos; Fernan Ferrnandes, raçoeyro; et o dito Ares Peres do Cavalo, que outorgou a dita escambea, por sy et en nome do dito Rodrigo Ares, coengo, por poder que del avia por min notario iuso escripto.

Et eu Pedro Ferrnandes de Silvarrey, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto todo que dito he con as ditas testemoyas presente foy et esta carta de escanbea fis scripvir et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).

Pedro Ferrnandes, notario.