GMH/ÍNDICE A-Z

012
1457

-12-

Conpromjso / Martjn Beturro / Fernán Paas4.

Ẽno dito porto, tres djas do dito mes e ano4. Este dja Martjn Beturro, morador en Leýño, / da hũa parte, e Ferrnand Paas de Briõ, morador en Santa María de Leyro, da outra parte, por / rrasõ que entre eles erã e esperauã ser pleitos, debates e cõtendas, en espi/çial65 sobre partiçõ de bẽes que forõ e fincarõ de Pero de Briõ, filo do dito Fernán Paas / e de Dominga Beturra, filla do dito Martjn Beturro, que erã avenjdos e yguados / de o conprometer e cõprometerõ en mãos e poder de omes bõos, árbitros arbitradores, / amjgos amjgables cõponedores, o dito Martjn Beturro por seu ome4 bõo a Gomes de / Rribademar, juís de66 Postomarcos, e o dito Ferrnand Paas a Ferrnando de Catoyra, / para que o posã librar e ver e determjnar, oýdas las partes, como4 eles quiserẽ / e por ben touerẽ, de oy dja fasta dja de Sã Jon de junjo primeyro que vẽe deste / dito ano4; outorgarõ67 que estarã e quedarã porla sentençja ou sentençjas, mãda/mẽto ou mãdamẽtos que ẽna dita rrasõ derẽ, so pena4 de dous MJLL / morauidís vellos para a parte obediẽte; aos quaes ditos omes bõos outorgarõ seu / poder cõprido68, et çétera, para o ver, librar e sentẽçiar a partes presentes ou nõ presentes, / estando en pee ou asentados segundo que eles quiserẽ e por bẽ touerẽ; outorgarõ / carta firme de cõpromjso cõ obligaçõ de seus bees para o aver por firme, / et çétera. Testigos: Jon Seco e Jon Caltẽrra e Martjn de Rrinlo, moradores ẽno dito / porto.

IIJ morauidís.

________

4. Leva un trazo sobre a palabra.
65. O primeiro i éstá sobreposto.
66. Despois está riscado un f.
67. Antes está riscada a palabra so.
68. Está escrito copdo cun trazo por riba.