GMH/ÍNDICE A-Z

170
1318, xaneiro, 16
O bispo de Lugo e Pedro Afonso de Bolaño anulan de mutuo acordo un intercambio de propiedades realizado con anterioridade.
MADRID, AHN, Carp. 1332 C/8, perg. orix., carta part. por a.b.c., galego, gótica cursiva, 172x162 mm.

Era de mill et CCC et çinquaenta et seys annos, des et seys dias de ianeyro. Sabeam quantos esta carta viren commo nos don frey Iohan por la gracia de Deus, bispo de Lugo, da huna parte, et Pedro Affonso de Bolanno, da outra, porque achamos que os enprasamentos que nos, obispo sobredito, feseramos a vos, o dito Pedro Affonso, da nossa iglesia de Sant Martino de Bolanno, que vos deramos por vossos dias et de vossos fillos, por lo herdamento que vos aviades en Bolanno su signo de Santa Alla, era danosso a nos et a nossos susçesores porque a dita iglesia renderia mays o dobro ca poderian valer os vossos herdamentos, et a vos outrossy era danossa, porque os vossos fillos ficavan enxerdados dos vossos herdamentos, teemos por ben nos anbas as partes que estes enprasamentos seian desffeytos et non vallan des aqui endeante,et quitamosnos huuns a outros todas las obrigaçoes et pusturas que sobr'estos enpraçamentos aviamos feitos porque eles firmes fosen et estaviles, et si carta [...] paresçeren destes enprasamentos mandamos que non vallan en nehun tempo. Et que esto seia çerto nos, obispo, et Pedro Affonso sobreditos, rogamos a Pedro Yanes, notario publico de Lugo, que nos faça ende senllas cartas partidas por a.b.c. tal huna commo outra, et pona en cada huna seu sinal.

Testemoyas que presentes foron: don Fernan de Deus, chantres de Lugo; Arias Pelaes, raçoeyro desse lugar; Nuno Pelaes, clerigo de Lugo; Iohan Pelaes, escudeyro; Fernan Peres, clerigo de Santa Alla de Bolanno; Iohan Perez, moordomo do dito senor en Bolanno, et outros.

Eu Pedro Yanes, notario publico dado pelo bispo de Lugo a o conçello desse mysmo lugar, a esto presente fuy, et esta carta scrivi, et puge en ela meu signal en testemoyo de verdade.(+).