GMH/ÍNDICE A-Z

439
1342, outubro, 4. Lugo
O Cabido de Lugo arréndalle a Maior Rodríguez, durante a súa vida, o casal do Outeiro, en Santiago de Ferroi, por 25 marabedís anuais a véspera de Santiago.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 41r.

Sabeam quantos esta carta viren commo nos, o cabidoo da iglesia de Lugo, arrendamos a vos, Moor Rodrigues de Santiago de Ferroe, por en todos vossos dias, o casal chamado d’Outeyro, que he sub signo de Santiago de Ferroe, con todas suas dereyturas et pertenenças segundo que o dayam, don Fernan Aras, que Deus perdoe, tinna arrendado. O qual cassal o bispo, don [Fernan] Peres que foy, mandou a a iglesia de Lugo. Et vos avedes a lavrar et parar ben as herdades do dito casal et manteer as casas del en boo estado. Et avedes-nos a dar cada anno de renda en salvo por lo dito casal, viinte et çinquo moravedis desta moneda del rey on Affonso, a oyto soldos cada moravedi. Et estes moravedis avedes a pagar cada anno ena villa de Lugo en vespera de Santiago d’agosto. Et a vosso finamento devedes a leyxar o dito casal a a iglesia de Lugo livre et quito et desenbargado con todos los boos paramentos que y foren feitos.

Et eu, a dita Moor Rodrigues que estou presente, assy reçebo de vos, o dito cabidoo, o dito casal, et obligo min et todos meus beens, movilles et rays, para comprir todo esto et pagar os ditos moravedis cada anno segundo dito he. Et demays para o assy conprir et pagar dou-vos por fiadores a dom Pedro Aras, mestrescola de Lugo, et a Iohan Peres, criado de don Pedro Iacome, iuyz, cada hum delles por lo todo. Nos os ditos fiadores que estamos presentes et outorgantes nos por fiadores commo dito he. Et que esto seia çerto et non venna en dulta nos las ditas partes rogamos a Fernan Garçia, notario publico de Lugo, que fezese desto duas cartas en hun tenor.

Que foron feitas en Lugo quatro dias de outono, era de mill et trezentos et oyteenta annos.

Testemoyas que foron presentes: don Alvar Diaz, arçidiago de Neyra; don Aras Pelaes, arçidiago de Deçon; don Pedro Iacome, iuyz; don Afonso Eanes, thesoreyro de Lugo; Andres Peres, Vaasco Dias, et Vaasco Rodrigues, Fernando Affonso, Iohan Diaz, coengos de Lugo; Iohan Fernandes, raçoeyro de Lugo; Lopo Domingues, Affonso Eanes, Iohan Fernandes et Ruy Gomes, clerigos do coro. Eu Fernan Garçia, notario publico de Lugo dado por auctoridade do bispo desse lugar, a esto commo dito he presente fuy et a rogo das ditas partes esta carta scripvi en este livro do cabidoo et puge en ela meu signal en testemoyo de verdade.