GMH/ÍNDICE A-Z

595
1353, marzo, 2. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Gómez Arias e á súa muller e a unha voz o casal de Coeses e as herdades de Porto, nas freguesías de Santalla de Quinte, Santo Estevo e San Pedro de Farnadeiros, por renda anual dunha terza de centeo mais cinco ducias de anguías os primeiros beneficiarios e dez ducias de anguías con terza e media de centeo a voz.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 105r.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos, ho cabidoo da iglesia de Lugo, con outorgamento de don Lopo [...] iglesia et vigario geeral de don Diego Fernandes, dayan dese lugar, et con outorgamento de don Vaasco Dias, iuys de Lugo, teenta a amiistraçon do mes de freveyro en terra de Farnadeyros, seendo juntados en nosso cabidoo segundo que o avemos de usso et de custume, avervamos et afforamos a vos Gomes Aras de Pallares et a vossa muller, Mayor Affonso, por en todos vossos dias d’anbos et de huna pessoa qual o pustrimeyro de vos nomear en vida ou a tempo de vosso finamento, o nosso casal et herdade de Coesses con a herdade que Pero Fernandes de Coesses avia de leyxar a a iglesia de Lugo, et con as herdades de Porto; o qual casal et herdades son sub signos de Santa Alla de Quinte et de Santo Estevoo de Farnadeyros et de San Pedro de Farnadeyros, quanta perteesçe a sua voses sub estes ditos signos, assi commo a tragia Pero Fernandes con suas dereyturas et pertenenças, casas, arvores et formaes et caneyros et naseyros, a monte et a fonte, per ut quer que vaan. Et vos, os ditos Gomes Aras et Mayor Affonso, et a dita pessoa que for nomeada que façades labrar et parar ben as ditas herdades, et que façades as casas que estan por faser que perteesçen a estas herdades, et as mantenades en boo estado en maneira que a o tempo de finamento da dita pessoa que for nomeada fiquen as ditas casas feytas et cubertas a a dita iglesia de Lugo, et que recadedes para a dita iglesia de Lugo as tres teegas sementadura d’erdade que lle Pero Fernandes sobredito ouvo a leixar. Et vos, os ditos Gomes Aras et Mayor Affonso, que \dedes/ a o que tever a dita amiistraçon, cada anno, en toda vossa vida por foro et renda das ditas herdades, huna terça de çenteo boo et linpio et çinquo duseas d’anguias cada anno. Et a dita pessoa que for nomeada que de, cada anno, en toda sua vida a o que tever a dita amiistraçon por foro et renda das ditas herdades, huna terça et media de çenteo boo et linpio, et des duçeas d’anguias, et paguedes cada anno esta renda commo dito he en pas et en salvo enno dito lugar de Coesses. Et aquella persoa que for nomeada que vena reçeber este vervo et foro de nos, o dito cabidoo, et faser obligaçon que o cunpla.

Et nos, os ditos Gomes Aras et Mayor Affonso que estamos presentes, assi resebemos de vos, o dito cabidoo et amiistrador, o dito casal et herdades et foro et vervo dellas et outorgamos esto que dito he et obligamos nosos bees para o conprir et pagar cada anno a dita renda. Et por este ben et graça que reçebemos de vos, o dito cabidoo, damos para senpre a vos, o dito cabidoo, para a dita amiistraçon o quinto de todo quanto herdamento et vos o dito Pero Ferrnandes avia et lle perteesçia enno dito lugar de Coesses et sub os ditos signos [que nos] compramos a Iohan Peres, fillo do dito Pero Ferrnandes, con suas dereyturas et pertenenças, per ut quer que vaan, a monte et a fonte et con esta condiçon que nos, os ditos Gomes Aras et Mayor Affonso et a dita pessoa, que tenamos a dita quinta do dito herdamento por en todos nosos dias con este outro herdamento que nos vos, o dito cabidoo, avervades. Et por esta presente carta vos damos logo o iur et a possison da dita quinta do dito herdamento deste dito Pero Ferrnandes, et obligamos nossos bees para vos faser senpre de pas, et conosçemos que a teemos et possuymos et tragemos por vos, o dito cabidoo, precario d’aqui endeante. Et por que esto seia çerto nos as ditas partes rogamos a Affonso Ferrnades, notario publico de Lugo, que fesesse ende duas cartas en hun tenor, et por mayor firmidue mandamos- la seelar do nosso seello pendente.

Que foy feyta en Lugo, dous dias de março, era de mill et treçentos et noventa et hun annos.

Testemoyas: don Fernando de Deus, chantres de Lugo; et don Vaasco Rodrigues, arçidiago de Deçon; et Iohan Ferrnandes, coengo de Lugo; et Iohan Dias, coengo; et Diego Gomes et Diego Eanes, raçoeyros de Lugo; et Iohan de Lovea, clerigo, ts.

Et eu Affonso Ferrnandes, notario publico de Lugo dado por autoridade do sennor obispo desse lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy et a rogo das ditas partes esta carta escrivi et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade. (+).