GMH/ÍNDICE A-Z

833
1381, febreiro, 10. Castelo de Asma
Fernando Torto e Pedro Torto véndenlles ao bispo e á igrexa de Lugo todo o que teñen no couto de Ider e na freguesía de Santa María de Castelo de Asma por 200 marabedís.
MADRID, AHN, Cód. 417 B, fol. 22v.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos Fernan Torto et Pedro Torto, fillos de Johan Ferrnandes dito de Cabo, et de Tareyia Aras, sua muller, que foron, moradores enno couto d’Ider que he enna fiigregia de Santa Maria de Castello d’Asma, nos anbos de nosos boos curaçoes et livres et propias voontades, vendemos a vos o moyto onrrado padre et sennor don frey Pedro Lopes por la gracia de Deus, obispo de Lugo, para vos et para vosa iglesia et para vosos subçesores todas las herdades et casas et arvores et jures et pertenenças et dereyturas, a montes et a fontes, per hu quer que vaan por vos et herança dos ditos noso padre et madre et por compras et gaanças, et por outra maneyra qualquer, enno dito voso couto d’Ider et en toda a dita fiigregia de Santa Maria de Castello d’Asma, as quaes ditas herdades et casas et arvores vos vendemos con suas dereyturas et pertenenças, entradas et seydas et jures et pascos et silvas mansas et brabas, et agoas stantes et correntes, a montes et a fontes, per hu quer que vaan et as nos ajamos et nos perteescan en qualquer maneyra et por qualquer rason sub o dito signo, et reçebemos de vos en preço por esta vençon dusentos moravedis, de des dineiros cada moravedi, desta moneda usual que ora anda de que nos outorgamos por entregos et ben pagados en presença do notario et testemoyas subscriptas, et obligamos nos et todos nosos beens movilles et rayses, que ora avemos et ouvermos d’aqui endeante de vos fasermos senpre a dita vençon de pas, et des oge mays este dia endeante metemos et apoderamos a vos, o dito sennor obispo, et a vosa iglesia et a vosos subçesores enno jur et posison et propiedade das ditas herdades et casas et arvores et cousas sobreditas, et tiramos ende a nos et a todas nosas voses para senpre, et damos-vos poder que as posades entrar et husarlas et faser delas et en elas toda vosa voontade asy commo de vosa cousa propia, et darlas a lavor a quen vosa merçee for sen enbargo de nos et de toda nosa vos, todo nosso poderio et sennorio ende seia tirado et removudo de nos et de toda nosa vos et posto en vos, o dito senor obispo, et en vossa iglesia. Et porque esto seia çerto et firme nos as ditas partes rogamos a Pero Afonso, notario publico de Lugo et dos coutos et lugares da dita iglesia dese lugar, que fesese ende esta carta.

Que foy feyta enno dito lugar de Castello, des dias de fevreyro, era de mill et quatroçentos et des et nove annos.

Et demays logo estos sobreditos Fernan Torto et Pedro Torto para mellor et mays compridamente façeren de pas esta dita vençon a o dito senor obispo et a sua iglesia deron consigo por fiador a Fernan Gonçalves de Moreda, que estava presente, et obligou seus beens que elles feseren a dita vençon de pas a todo tempo, et se outorgou por tal fiador, et elles obligaron sy et seus beens a quitarlo a pas et a salvo da dita fiadoria.

Testemoyas que foron presentes: Afonso Touron, notario; Pero Yanes de Ider; Roy Lourenço de Ider; Ruy Cadadia; Pero Neto; Fernan Peres de Cassalles; Pero Yanes, clerigo; Johan Yanes de Todao; Fernan Peres de Fonteela.

Et eu Pero Affonso, notario sobredito, a esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente fuy, et a pidimento das ditas partes esta carta en minna presença fis escrivir et aqui puje meu signal en testemoyo de verdade.