GMH/ÍNDICE A-Z

61
1308abril, 6
avinza

O mosteiro de Xunqueira de Ambía obrígase a pagar á Catedral de Ourense 1000 mrs. e dous casais polas malfeitorías causadas por Roi Méndez de Ambía, polo que o dito mosteiro estaba en interdito.

ACOu, Escrituras XIV, 70

(ed. M. Castro / M. Martínez Sueiro, Colección de Documentos del Archivo de la Catedral de Orense, I, 236-237)

Sabian quantos esta carta viren que nos don Johan Dominguez prior do moesteyro de Junqueyra d’Anbia e o convento desse meesmo logar obligamos nos e os beens do dito moesteyro a dar ao bispo e a igleia d’Ourense ata dia de Pascoa primeyra que ven mill mr. de brancos por corregemento das malfeytorias que Roy Mendez d’Anbia fez ao bispo e a igleia d’Ourense, e dous cassares conven a saber un en Godin e outro en Coiledo, e devemolos a par façer con oyto moyos de pan cada anno, as duas terças de çenteo e a huna de vereynço, e suas dereyturas. Et esta obligaçon façemos por que entendemos que e gran prol e grande onra de nosso moesteyro, que estava entredyto por raçon de que britaron o moesteyro e deytaron y o dyto Roy Mendez por força, e que esto seya firme e non veña en dulta damosvos ende esta carta seelada con nossos seelos pendentes en testemonyo de verdade. Era de mill e ccc e xl e seys anos e sabado ves(pera) de Ramos, seys dias andados do mes dabril.

(dous selos pendentes)

[reverso] E se alguun pan destes moios sobreditos faleçer obligamosnos cada que defaleçerem (por fazelo) por nos e pelos bees de noso moesteyro.