GMH/ÍNDICE A-Z

1081
1449, xuño, 10. Lugo

O vigairo lucense afóralles a Fernán Lourenzo e a dúas voces unhas herdades na freguesía de San Martiño de Couto, por renda anual de dúas tegas de pan, dúas galiñas por foros e seis marabedís de luctuosa.

MADRID, AHN, Carp. 1333 A/23, perg. orix., galego, cortesá, 275 x 165 mm.
   

Sabean quantos esta carta de aforamento viren como eu Gonçalvo Peres de Carvallido, arçidiano de Sarrea en a iglesia de Lugo, vigario et provisor geeral en a iglesia et obispado de Lugo por lo reverendo in Christo padre et senor don Garçia de Vaamonde por la graçia de Deus et da santa iglesia de Roma, Obispo de Lugo, oydor da Abdiençia de noso senor el Rey et do seu Consello, et por poder que ey et teno do dito senor Obispo para ho adeante contiudo por lo notario de iuso escripto, outorgo et conosco que dou aforo a vos Fernan Lourenço, morador en Santa Maria do Bispo, et a outras duas persoas despoys de vos huna qual vos nomeardes a tempo de voso finamento et a outra qual nomear aquela persoa que por vos for nomeada, et non seendo nomeada que seia aquel ou aquela que de dereito herdar vosos bees. Conven a saber que vos aforo todas las herdades, casas et arvores et bees rayses con todas suas entradas et saydas que foron et ficaron de Domingo Çichon et el mandou a a iglesia de Lugo, as quaes iasen en a feygesia de San Martino de Couto, a tal pleito et condiçon que vos et as ditas persoas que despoys de vos vieren et suçederen en o dito foro labredes et paredes ben as ditas herdades et casas, et dedes de foro, çenso et penson, en cada hun ano, a o dito senor Obispo et suçesores que despoys del vieren et sua iglesia et mesa obispal, duas teegas de pan linpo de poo et de palla, en cada hun ano, postas en o dito lugar onde ias a dita herdade, et duas galinas por foros. Et a voso finamento et das ditas personas que cada hun de vos pague seys maravedis por loytosa a o dito senor Obispo et sua iglesia et mesa obispal. Et non avedes de bender, nen enpenar este dito foro a persona alguna sen liçençia et mandado do dito senor Obispo et de seus suçesores.

Et a finamento da postromeira persona que as ditas herdades et casas et bees rayses fiquen libres et quitas et ben labradas et reparadas et en boo paramento a o dito senor Obispo et sua iglesia et mesa obispal et suçesores, que depoys del vieren, con todos los boos paramentos que en elas foren feitos.

Et eu, o dito Fernan Lourenço, que soo presente asy reçebo de vos, o dito senor arçidiano, procurador et fasedor et vigario do dito senor Obispo, este dito foro en a maneira et condiçoes suso ditas, et para o conprir et pagar obligo a min et meus bees. Et eu, o dito arçidiano, en nome do dito senor Obispo asy vos lo dou et outorgo et d’esto vos mando dar esta carta de foro firmada de meu nome et signada do signo de Fernan Ares, notario da çiudade de Lugo.

Que foy feyto et outorgado en a çiudade de Lugo, des dias do mes de junyo, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et quareenta et nove anos.

Testemoyas que foron presentes: Juan de Neira, raçoeiro de Lugo; et Roy Lopes Teyseiro, clerigo do coro de Lugo; et Juan de Parrega, barbeyro.

Et eu Fernan Ares das Moreiras, notario publico da çiudade et obispado de Lugo por la abtoridad do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente foy et esta carta de foro, segundo que por min pasou, por mandado do dito arçidiano et vigario et a rogo et pedimento do dito Fernan Lourenço aqui escripvi et aqui puge meu nome et signal en testemoyo de verdade que tal he.