GMH/ÍNDICE A-Z

882
1389, outubro, 22. Castelo de Asma
Carta de don Xoán Afonso, deán de Lugo, aos fregueses de Santa María de Nogueira.
MADRID, AHN, Carp. 1335 /5, perg. orix., galego, gótica cursiva, 300x200 mm, incluída en: 1389 (CD n.º 883).

Johan Afonso, deam de Lugo, a todo los friguises da iglesia de Santa Maria de Nugueira soude et boa ventura. Façovos a saber que eu a presentaçon do dito Johan Peres, abbade do moesteyro de sam Salvador de Chantada, et do convento do dito moesteyro et dos outros padroeyros et herdeyros [...] et fiz colaçon da terça parte da dita iglesia sem cura a Mendo Ares, coengo d’Ourense, a qual vagou por morte de dom Gonçalvo Eanes, chantres de Lugo, prestameyro que fuy dela, por que vos mando en vertude de santa obidiençia et sub pena d’escomonyon que recudades bem et compridamente con todos los disimos, rendas et dereyturas que perteesçen et perteesçer deven a dita terça parte da dita iglesia a o dito Meendo Ares ou a quen el mandar, et non a outro nehun. Et mando a Estevoo Fernandes, meu arçipreste, sub a dita penna que o instituya por los livros et ornamentos dela.

En testemoyo desto mandeylle dar esta carta seelada con meu seelo.

Dada enno Castello d’Asma, viinte et dous dias d’outubre, anno do naçemento de nosso Salvador Ihesu Christo de mill et tresentos et oyteenta et nove annos.

Iacobus canoninus lucensis.