GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Fragmentos de notarios

E1-29a
1436, agosto, 26

Abrahán Pérez, con poder do seu pai, Iudá Pérez, recadador das alcabalas no bispado de Ourense, presenta ante o Concello unha carta real e outra de poder outorgada por Salomón Baquix. (fol. 15)

Cartas da alcavalas do obispado d’Ourense anno de XXXVI.

Anno do naçemento do noso señor Ihesu Cristo de mill et quatroçentos et triinta e seys annos, viinte et seys dias do mes de agosto, enna çibdade d’Ourense, enno Parayso da iglesia catredal do señor San Martiño, en presença de min o notario et tests. de juso escriptas, estando y presentes en conçello Loys Gonçalves e Afonso Anriques juises da dita çibdade et Garçia Dias d’Espinosa et Alvaro Afonso da Fonteyna et Estevo Fernandes rejedores, Afonso Gonçalves de Meende procurador do dito conçello, Meen Suares et Joan Fernandes e Alvaro Çide notario, parte dos vesiños da dita çibdade, paresçeu ende presente Abraan Peres fillo de Yuda Peres recadador do obispado d’Ourense et en nomme de seu padre Yuda Peres et por poder que del ten por min o dito notario presentou enno dito conçello et por min o dito notario feso leer huna carta de noso señor el rey, seelada de seu seello de çera vermela ennas espaldas et libra(da) dos seus contadores e firmada de çertos nomes et mays huna carta de poder firmada do nomme de Salamon Baquix et signada de (seu)* escripvano publico, segundo que por elas paresçia et se en elas contina, das quaes o tenor delas he este que se sige: (fol. 15)
(- - -) (fol. 15v)