GMH/ÍNDICE A-Z

1228
1472, decembro, 11. Lugo
O clérigo do coro Roi López renuncia ó foro do lugar de Saa en San Xoán de Pena por lle ser outorgado con anterioridade ós herdeiros de Álvaro de Sande.

MADRID, AHN, Cód. 419 B. f. 46 v.

Ano do nasçemiento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et seteenta et dous anos, dia esta feyra, onse dias do mes de desenbre, dentro en o coro da iglesia cathedral de Santa Maria da çiudade de Lugo a a sayda das vesperas estando presentes os benefiçiados da dita iglesia, que abayxo seran nonbrados, aparesçeu y presente Roy Lopes de Teyxeyro, clerigo do coro da dita iglesia, et diso a os ditos senores da dita iglesia que ben sabian en como lle feseran foro do lugar chamado de Saa, que era en Sayoane de Pena, segundo arriba se contina, et agora segundo paresçia et lles fora presentado tyna foro del os fillos et herdeyros de Alvaro de Sande que fora feyto primeyro que non o seu, por ende que el que se demitia et desenbargaba do dito foro et ho renunçiaba et daba por ningun para que non valuese d’aqui endiante, et os ditos senores da dita iglesia diseron que asi o resçebian et pedian signado.

Testigos que foron presentes: Gomes Garçia de Goyoso, arçediano de Deçon; et Diego Ferrnandes de Luases, mestrescola; et Gomes Garçia, juys, et Gonçalvo Rodrigues de Parrega, thesoreyro; et Rodrigo Afonso da Rigueyra, et Diego Vasques, et Johan Arias de Parrega, et Pedro Martines, et Roy Dias et Afonso Martines, et Gomes Ferrnandes, canonigos, et Johan Arias mançebo, raçoeyro; et Alvaro Ferrnandes, et Johan Afonso de Castro Afonsyn, et o dito Roy Lopes de Teyxeyro, et Rodrigo Arias, et Pedro Afonso de Maçaaos, clerigos do coro de Lugo, et outros.