GMH/ÍNDICE A-Z

978
1421, marzo, 8. San Martiño do Couto

Rodrigo Arias dóalle ó seu fillo Estevo Pérez dúas tegas de herdade en Santo André do Real.

MADRID, AHN, Carp. 1332 H/7, perg. orix., galego, gótica cursiva, 233 x 117 mm.
       

Sabeam quantos esta carta viren como eu Rodrigo Arias de Rial, morador en San Martino do Couto, non seendo constrengido por força nen decebudo por engano, mays de meu praser et propia voontade, dou en pura doaçon para senpre por iur de herdade a vos Estevoo Peres, meu filo, duas teegas semente de herdade en a figregia de Santandre do Rial, as quaes iasen a as Pereyras de San Pedro et Acalar, en o lugar que chaman a a Pedra, as quaes duas teegas semente de herdade vos asy dou que non parta en elas convosco outro filo nen fila que eu aia, mays que as dedes et façades delas conmo quiserdes et por ben teverdes des este dia da data desta carta endeante; et por esta presente carta vos pono logo en o jur et posyson da dita herdade, et para contradiser ou yr contra esta dita doaçon renunçio todos los dereytos et lees et foros scriptos et non scriptos que me poderian aiudar, que os non alege eu nen outre por min, et se o feser que me non vala nen seia sobre elo oydo en iuysio nen fora del. Et porque esto seia çerto nos as ditas partes rogamos et mandamos a o notario iuso scripto que faça desto huna carta de doaçon a mays firme que se posa faser en dereyto.

Que foy feyta en San Martino do Couto, oyto dias do mes de março, ano do naçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et viinte et hun anos.

Testemoyas que foron presentes: Estevoo Peres, clerigo de San Martino do Couto; Pedro Nunes et Fernan Romeu, moradores en Monterroso; Roy Fernandes, notario, et outros.

Et eu Juan Gonçalves, notario publico de Lugo et en todos seus coutos et lugares et jurdiçones et en San Martino do Couto por lo senor Obispo et iglesia dese lugar, a todo esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente foy et a rogo et por mandado das ditas partes esta carta de doaçon scripvi et aqui puge meu nome et meu signal en testemoyo de verdade (signo).