GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

211
1325, agosto, 16. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo arréndanlle ao clérigo do coro, André Pérez, propiedades en San Xulián e na porta de San Pedro por tres terzas de pan anuais.
MADRID, pan style="font-style: italic;">AHN, Cód. 1042 Bpan>, fol. 62v.

Era de mill et CCC et LX et tres annos, XVI dias andados do mes d’agosto. Don Fernan Aras, dayam de Lugo, et o cabidoo dese lugar qu’enton estavan presentes, arrenda Andreu Perez, clerigo do coro de Lugo, toda a erdade que os aniversarios am en San Jullao et arredor da villa a a porta de San Pedro, a que soya trager Johan Martines o lavrador da porta de San Pedro, por tres terças de pam cada ano, as duas partes de temporao et a terça de serodeo, asy como se sol husar enas outras rendas do cabidoo. En esta renda non vay a outra renda que el ten y, et por que da cad’ano XX maravedis. Et a morte d’Andreu Perez a de ficar este erdamento livre et quito a yglesia de Lugo, con todol-los boos paramentos que y foren feitos.

Testemoyas: o chantres, \don/ Fernan de Deus; don Johan Johan (sic) Beçerra, juys; Pedro Savaschaes, thesoreyro; Aras Perez, Fernan Alvares, coengos; Afonso Gayo, Pedro Ferrnandes, clerigos.

Eu Jacome Eanes, notario publico de Lugo, a rogo de Andres Perez et por mandado do cabidoo esta carta escryvy, et puge en ella meu nome et meu synal en testemoyo de verdade. (+).