GMH/ÍNDICE A-Z

377
1339, maio, 30. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Xoán López e Francisco López e a unha voz propiedades en San Salvador do Mato cando faleza Gonzalo Sánchez, usufrutuario destas, por unha terza de pan anual e outras condicións.
MADRID, pan style="font-style: italic;">AHN, Cód. 416 Bpan>, fol. 12v.

Sabeam quantos esta carta viren commo nos o dayan et cabydoo da eglesia de Lugo da huna parte, et eu Iohan Lopes, por min et por Fernando Lopes, meu yrmao, fillo de Lopo Pellaes de Manae que foy, da outra, façemos entre nos tal vervo et pustura de todo aquel herdamento et voz et casas et arvores con suas pertenenças et dereyturas, peru quer que vaan, sub signo de San Salvador do Mato et sub outros signos peru quer que vaan, a monte et a fonte, que o dito Lopo Pellaes, noso padre, mandou en seu testamento a esta eglesia de Lugo por sua alma, dos quaes herdamentos o dito Lopo Pellaes mandou a Gonçalvo Sanches, fillo de Sancho Fernandes et de Elvira Areas, ho huso fruyto delles en vida dese Gonçalvo Sanches. Os quaes ditos herdamentos eu, o dito Johan Lopes, conosco et outorgo que os trago et pesuyo pella dita eglesia de Lugo, et os reçebi della en tal maneira, conven a saber que eu, Iohan Lopes et Fernando Lopes, meu hirmao, a pus dias deste Gonçalvo Sanches entremos et pesuymos os ditos herdamentos peru quer que vaan por en toda nosa vida d’ambos, a tal rason que os tiremos onde iouveren mal parados et mantenamos as casas en boo stado. Et avemos de dar cada anno, depus San Miguel de vyndimyas endeante, por renda destes herdamentos a vos, o dito cabidoo, ou aquel que os por vos ouver de recadar, a pus dias do dito Gonçalvo Sanches, huna terça de pan do mellor que ouver enna dita herdade. Outrosy este vervo a de ficar en huna pesoa qual nomear o pustrimeyro de nos, Iohan Lopes et Fernando Lopes, a tenpo de sua morte. Et esta pesoa en que ficar que tena et pesuya os ditos herdamentos po-lla iglesia de Lugo et les dia de cada anno, dez oytavas de pan do mellor do mellor (sic) que ouver ena dita herdade, de San Miguel de vyndymias endeante. Et a dita persoa que cada hun de nos, Iohan Lopes ou Fernando Lopes, nomear a nosa morte para esto, que venna reçeber este vervo et herdamento et casas sobreditas de vos o dito cabidoo; et a a morte d’aquella pesoa que por cada hun de nos asy for nomeada para este vervo os ditos herdamentos et casas deven aficar a eglesia de Lugo livres et quitos de nos et de toda nosa vos, con todos-llos boos paramentos que en elles foren feytos. Et eu, o sobredito Iohan Lopes, por min et po-llo dito meu hirmao Fernando Lopes, et po-lla dita pesoa que cada hu de nos nomear commo sobredito he, asy faço et outorgo este vervo, et obligo por min et por todos meus beens de o comprir et gardar en todo en commo sobredito he. Et nos, o dayam et cabidoo, asy outorgamos a vos, Iohan Lopes, este vervo en commo sobredito he, et mandamos ende seellar esta carta. Et por que esto fose çerto nos estas partes sobreditas rogamos et mandamos Fernando Peres, notario publico de Lugo, que feçesse ende duas cartas en hun tennor et posese en cada huna dellas seu nome et seu signal en testemoyo de verdade.

Feyto foy esto en Lugo XXX dias de mayo, era de mill et CCC LXX VIIe annos.

Testemoyas que a esto presentes foron: don Fernando Aras, dayan; don Alvar Dias, archidiago de Sarrea; don Pero Iacome, iuys; don Aras Pellaes, thesoreyro de Lugo; Iohan Fernandes de Valdayo, Andres Peres, Vaasco Rodrigues, Fernando Affonso, coengos de Lugo; Afonso Eanes, Iohan Ferrnandes, Iohan Gutierres, raçoeyros; [Gomes Pellaes et Arias] [...] [ts.].

Et etu Fernando Peres, notario publico da çibdade et do obispado de Lugo dado pe-lla auctoridade do bispo dese lugar, a esto presente fuy et a rogo das partes esta carta scrivi et puge y meu nome et meu signal.