GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

135
1313, novembro, 23
O prior e o convento da Bailía de Portomarín dóanlle ao arcediago de Neira e á súa voz un soar na devandita cidade para construír unha casa, debe pagar despois cinco soldos anuais.
MADRID, AHN, Carp. 1332 B/21, perg. orix., galego, gótica cursiva, 175x140 mm.

Era de mill et CCC LIª annos, XXIIIes dias de novembro. Sabeam quantos esta carta virem commo nos frey Iohan Arias, teente a baillia de Portomarin pello prior don frey Fernando Rodrigues de Valboa, con conssello et por mandado et outorgamente dos freyres do convento deste mismo lugar, et por outorgamento et por mandado do sobredito prior que nos mandou faser esto, damos a vos a vos (sic) dom Martin Eanes, arçediago de Neyra [ena iglesia] de Lugo, et criado d'ospital, por yur de herdade para senpre iamays, a vos et a vossa voz, a nossa praza da cassa que e da pitançia, que avemos eno burgo de Portomarin, ena parte do arçobispo, entrella casa do bispo da unna parte a cassa que foy de Domingo de Toere su signo de San Pedro. Esta praza vos damos a a tal preyto que façades y una cassa, et a cassa feyta que dedes ende cada anno a o baillio de pitançia çinquo soldos [de tas] por dia de Pascoa ou a contia delles, et a cassa que seya feyta en estos tres annos. Et depoys que a cassa sea feyta que se a o comendador quisser ou o baillio da pitançia fillar esta sua cassa que page a costa que costou faser a o arçidiago a dita cassa d'ospital ou a quen veer en sua voz. Et o arçidiago ou quen veer en sua voz que deu a cassa a ospital pagandose o costo commo sobredito e. Et se por ven tura non pagaren estos costos commo sobredito e, eu o arçidiago don Martin Eanes, outorgo de nunca dar nen leyxar esta casa a outra orden salvo se for mia voontade de leyxar a esta. Et esto outorgamos que seya entre nos anbal-las partes estavel et valedeyro por pena de dar çem moravedis da voa moneda et sy et si valler esta carta en seu revor.

Testemoyas que presentes foron: frey Lopo Meendes, conpaneiro do comendador; frey Iohan de Obra; frey Françisco, prior de Nicollao; frey Françisco Monnis; Iohan Ferrnandes, marido de donna Marquessa; Miguel Ferrnandes, moordomo; Affonso Martines buffon; Pedro Rodrigues, mercador; Martin Sanches, Aras Migueles, notario; Matheu Peres, clerigo; Iohan Martines, mercador.

Et eu Iohan Peres, notario publico de Portomarin, esta carta en mia presença fis escrivir et puge y meu signo.(+).