GMH/ÍNDICE A-Z

287
1333, marzo, 12
García Pais, clérigo, e Maior Pérez véndenlle ao bispo de Lugo unha casa en Triacastela por 500 marabedís.
MADRID, AHN, Carp. 1332 D/7, perg. orix., galego, gótica cursiva, 183x144 mm.

Era de mill et CCCª seteenta et hun annos, doçe dias de março. Sabeam quantos esta carta vieren commo eu Garcia Pays, clerigo de Llynares, et eu Mayor Peres, vendemos a vos don Iohan, bispo de Lugo, a nossa cassa que nos feçemos en Triacastella, assy commo esta feyta con sobrados et con camaras, a qual cassa entre (sic) a praça da iglesia et da outra parte a cassa do forno de Fernan Rodrigues, clerigo, en que mora Iohan Calvelin; et vendemosvos a dita cassa con todas suas entradas et seydas, et reçebimos de vos en preço sabudo por esta vençon quinentos maravedis da moneda del rey don Fernando, a oyto soldos cada maravedi, de que somos ben entregos et ben pagos, et oie este dia da era desta carta nos os sobreditos Garcia Pays, clerigo, et Mayor Peres nos poemos fora do iur et da possison da dita cassa, et metemos logo en ella a Marcos, vosso onme, que a reçebio et entrou por vos et en vosso nome, et outorgamos por todos nossos bees de vos enpararmos con esta vençon a todo tempo; et quen vos contra esta carta quisser passar peyte a vos del rey mill maravedis et a carta seia senpre firme. Et por que todo seia çerto et non vena en dullta mandamos a Iohan Garcia, notario publico del rey en Triacastella, que feçesse ende esta carta.

Testemoyas chamadas et rogadas que presentes foron: Domingo Garcia, Pedro Galego, alcalles de Triacastella; Iacome Eanes, iuys; Iacome Eanes, escudeyro; Martin Peres, Iohan Calvelin, Iohan Cotena, Iohan Peres, çapateyro, moradores en Triacastella; Garcia Affonso, Affonso Rodrigues, Fernan Peres de Grilfree. Et eu Iohan Garcia, notario sobredito, a esto foy pressente, et por mandado dos sobreditos Garcia Pays, clerigo, et Mayor Peres escrivi esta carta et puys en ela meu signo que he tal en testemoyo de verdade. (+).