Xoana Pérez véndelles ao clérigo Pedro Fernández e a Tareixa Gómez a
metade do casal de Fontao, en Santo Estevo de Trasulfe, por 200
marabedís.
Sabeam
quantos esta carta viren commo eu Iohanna Peres, filla que foy de
Pero Peres dito Gordo de Peraredo et de Trastulffe, por min et por
toda mia vos, a vos Pero Ferrnandes, clerigo de Santiago d’Entrambas
Aguas, et a Tereyga Gomes, filla de Gomes Eanes de Vylamea, anbos per
meo, et a todas vosas voçes, vendo toda a meatade do casal de
Fontao que eu aio por parte do dito meu padre, a monte et a fonte,
peru quer que vaa con todos seus dereytos et pertenenças, sub
syno de Santo Estevoo de Trastulffe, et outrosy vos vendo toda quanta
outra herdade et vos eu aio por parte do dito meu padre sub este
mysmo syno, a monte et a fonte, peru quer que vaa, con todos seus
dereytos et pertenenças, et reçebo de vos en preço
por esta vençon sobredita duçentos maravedis da moneda
del rey don Affonso de que me logo outorgo por ben por ben (sic)
pagada. Et se algen da mina parte ou da estraya a vos quiser enbargar
ou demandar peyte a a vos del rey quatroçentos maravedis da
dita moneda, et a vos quanto vos demandar en dobolo. Et eu por min et
por todos meus bees que aio et devo por aver obligo de vos anparar
con esta vençon a todo tempo.
Feyta
oyto dias de abril, era de mill et CCC LXX et hun anno.
Testemoyas:
Rodrigo Arias, Domingo Tangos, alffayate, Rodrigo [...] Guillelme de
Vila Iuste, Pero Rodrigues, carniçeyro. Et eu Tome Eanes,
notario publico de Portomarin, a todo esto presente foy et esta carta
escrivy et puge en ella meu nome et meu syno que tal he. (+).