GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

298
1349, maio, 16
venda

Inés Pérez, que foi criada do arcediago Pedro González, véndelle a Lopo Rodríguez de Sabadelle a terceira parte dun casal en Vilarchao (Calvelle) por 50 mrs.

ACOu, Escrituras X, 20

Sabeam quantos esta carta virem que eu Eynes Perez moradeira em Ourense, criada do arçidiago Pero Gonçalves que foy, por min e por toda miña voz vendo e logo por esta presente carta entrego a vos Loppo Rodrigues escudeiro d’Aguiar a terça de hun casar que eu aio no lugar que chaman Vilarchao, que he enna friguesia de San Migueel de Calvelle, tanben casas commo herdades e arvores, do qual casar as outras duas terças son de vos o dito Lopo Rodrigues. Aynda vos vendo e logo per esta presente carta entrego todolos herdamentos e casas que eu conprey con Rodrigo Anes que foy meu marido, as quaes son enna dita friguesia de San Migueel de Calvelle, delo de dizemo a deus e delo de foro. Vendovos todalas cousas sobreditas con entradas e seidas e con todos seus dereitos e perteenças hu quer que vaan. Et vos que façades aqueles foros e dereitos ao señorio que eu soon tiuda de fazer e livres e quites de todo outro enbargo. Ca outorgo e econosco que reçebi de vos ben e conpridamente todo o preço que a min e a vos aprouvo de me por elo dardes, conven a saber çinqoeenta moravedis de diñeiros brancos da moeda de nosso señor el rey dom Affonso doyto en soldo cada moravedi. Os quaes moravedis de vos reçebi en diñeiros en presença deste notario et testemuyas sub escriptas que aio ia en meu jur e en meu poder ben e conpridamente de que me outorgo por entrega e ben pagada. Et se mays valen agora os ditos herdamentos e cousas sobreditas que vos vendo agora ou valueren daqui endeante, essa mayoria ou melloria se a y ha vos dou e outorgo en doaçon por moyto amor e graça e ajuda que de vos reçebi, que val mays e he mellor ca esto. Et obligo todos meus beens gaanados e por gaañar para anparar vos e toda vossa voz senpre a dereito con esta vendiçon. Et logo todo jur, señorio, possison, propiedade, voz e auçon e dereito que eu ey e me perteençe ennos ditos herdamentos e casas e cousas sobreditas que vos vendo, todo o tollo e removo de min e de toda miña voz et poñoo en vos o dito Lopo Rodrigues e en toda vossa voz para senpre per esta presente carta. Et quen quer da miña parte ou da estranya que vos contra esta carta e vendiçon veer en parte ou en todo aia a yra de deus e a miña maldiçon et quanto demandar peiteo a vos e a vossa voz dobrado et aa voz del rey peite de pena çen moravedis de brancos, et a pena pagada ou non esta carta e venda valla e fique senpre firme. Feita a carta en Ourense, dez e seys dias de mayo, era de mill et trezentos e oyteenta e sete annos. Testemunyas que presentes foron Pero Martines morador en Pinor, Fernan Peres ome do dito Lopo Rodrigues et Johan Cuñado ome de Lopo Nunes.

Et eu Pero Lourenço notario pubrico d’Ourense pola igleia desse lugar que a esto presente foy e em myna presença ho fiz escrivyr e meu nome e signal aqui puge que tal he.

(sinal)

[reverso] Carta de Vilarchao.