GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

430
1384, maio, 10 (Santiago de Compostela)

confirmación

O cabido de Santiago e o vigairo xeral do arcebispo don Xoán autorizan o cambio precedente.

ACOu, Escrituras VII, 37 e Escrituras XIII, 62

Sabean todos que seendo don Gomez Aras dayan et o cabidoo da igleia de Santiago juntados en seu cabidoo per tangemento de canpaan segundo costume, presente y don Pero Fernandes arçediano de Carrion vigario geeral et tenente lugar do señor arçebispo de Santiago don Johan, en presença de myn Garçia Suares notario de Santiago e das testimoyas aqui adeante escriptas, os ditos dayan et cabidoo diseron que outorgavan et outorgaron huun concanbeo que o dito señor arçebispo fezera con o cabidoo da igleia d’Oureens do porto de Fiinsterra que era do dito cabidoo d’Oureense porlos outros lugares que o dito señor arçebispo avia açerca de Ribadavea et que consentian en el, por quanto diseron que entendiam que o dito concanbeo era en prol do dito señor arçebispo e da sua igleia et se neçesario era de fazer que reteficavan todo o que o dito señor arçibispo sobre esto fezera et trautara segundo se enno contrauto sobresto feito contiina, et prometian nunca viinr contra el so as penas contiudas no estormento do dito concanbeo sobre esto feito. Et desto o dito arçidiago de Carrion pedío a min notario huun testemoyo. Esto foy enno cabidoo da igleia de Santiago, dez dias de mayo do anno da naçença de nosos señor Jhesu Cristo de mill et trezentos et oyteenta et quatro annos. Testemoyas que foron presentes Nicolao Dominguez raçoeiro de Santiago, Johan Migues do Camiño canbeador, Gonçalvo Dominguez reposteiro et Fernan de Vea porteiro do dito cabidoo e outros.

Et eu Garçia Suarez das Encroves notario publico jurado de Santiago a esto presente foy et confirmo e meu nomme et signal aqui pono en testemoyo de verdade.

(sinal)

[reverso] Confirmaçon e consenssu que feso o cabidoo da
igleia de Santiago porlos beens que avya Santiago
açerca de Ribadavea e no bispado d’Ourense.