GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

343
1336, abril, 6. Lugo
Acta notarial referente á entrega dunha casa na rúa da Triparia, realizada por Eldonza Rodríguez ao procurador do Cabido.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 7v.

Era de mill et treçentos et setaenta et quatro annos, seys dias d’abril, en presença de min Ruy Ferrnandes, notario publico de Lugo, et das testemoyas subscriptas, Eldonça Rodrigues herel et executor d’Affonso Rodrigues, clerigo, fillo de Ruy Lopes de Burgo Novo que foy, disso que o dito Affonso Rodrigues mandara en seu testamento a os coengos da iglesia de Lugo por aniversario para senpre huna casa que he en Lugo enna rua da Triparia, en que o cabidoo de Lugo avia d’aver des et seys soldos, enna qual cassa ora mora Marina Pellina. Et logo a dita Eldonça Rodrigues en nome do dito cabidoo meteu corporalmente enna dita casa et posison della a Fernan Affonso, coengo de Lugo procurador desse cabidoo, et deu-lle a dita casa et possison della livre et quita et desenbargada sen ninhuna obligaçon, et o dito Fernan Afonso assy reçebeu a dita casa et a posison della en nome do dito cabidoo et para el, et leyxou y por caseyra en nome do dito cabidoo a a dita Marina Pelina. Et de commo todo esto passou o dito Fernan Affoso, coengo, pediu a min notario sobredito publico instrumento.

Que foy feyto ante a porta da dita casa era et dias sobreditos.

Testemoyas que foron presentes: Fernan Pellaes do forno da Triparia; Vaasco Peres, ome d’Affonso Eanes, raçoeyro de Lugo; Affonso Ferrnandes, escrivan, ts.

Et eu Ruy Ferrnandes, notario sobredito, a esto commo dito he rogado et chamado presente foy et esta carta en este livro do cabidoo en minna presença fis escrivir et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade.