GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro de notas de Álvaro Pérez, notario da Terra de Rianxo e Postmarcos

072
1457

-72-

Prestãça / Fernando de [Ca]toyra215.

Ẽno porto de Rriãjo, XXV djas do dito mes, ano4 dito. Como4 nós216, dõ frey Lopo4 de / Mõtouto217, abade de Sã Justo, outorgo e coñosco que dou a vós, Ferrnando de Catoyra, escudeyro, / morador ẽno dito Rriãjo, o lugar de Aldarís, que he ẽna freigresja de Sã Martino de Fruýme, para / que o tenades de nós e en218 noso nome4 e de noso moesteyro, de oje en deante / por toda nosa vjda, en prestança. E dámosvos todo noso poder para que podades / arrendar e faser praso2 do dito lugar e qualesque(e)r219 herdades e vjnas e cousas / del aos labradores e outras personas4 que vós quiserdes por este dito tenpo, e / para que podades220 leuar e leuedes vós, o que(e)n voso poder ouver, o pã e vjno e / outras quaesque(e)r dereyturas ao dito lugar pertenesçentes en qualque(e)r maneyra e por / qualque(e)r rrasõ que nós e noso moesteyro221 del aviamos de aver. Outorgo222 carta de prestãça / cõ poder do sobredito e para dar carta de pago223, et çétera; e prometemos de nõ boslo quitar e vos224 / sacar a pas e a saluo en todo tenpo. Testigos: Áluaro Ferrnandes, clérigo, e Ferrnand / Martíns de Sarnõ, criados do dito dõ abade.

__________

2. Despois está riscado un s.
4. Leva un trazo sobre a palabra.
215. Está escrito toyra.
216. Nós está sobre a liña e na liña riscou eu.
217. Está escrito mõtouço por confusión.
218. Despois está riscado nome de; nome leva un trazo por riba.
219 Comezou a escribir coa abreviatura de qual e despois engadiu un s ó final.
220. Antes está riscado para que.
221. Está abreviado Mno.
222. Escribiu outorgou e riscou o u final.
223. E para dar carta de pago está entreliñado.

224. Despois está riscado defender / voslo faser.