GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

779
1378, marzo, 8. Lugo
Pedro Afonso, perante notario, recoñece a súa obriga ao pagamento de 10 soldos anuais aos aniversarios pola súa casa próxima á Carnizaría de Lugo.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 96v.

Era de mill et quatroçentos et dez et seys annos, oyto dias de março.

En Lugo en pressença de min Fernando Peres, notario publico de Lugo por lo sennor obispo desse lugar, et das testemoyas subscriptas Pedro Affonso, mercador, morador enna rua de Vermun Sanches, conffesou et disso, pressente Jacome Peres, procurador dos aniversarios da iglesia de Lugo, que avian de aver et levar os ditos aniversarios dez soldos desta moneda que ora corre, a quatro dineiros brancos por cada tres soldos, en cada hun anno por la sua cassa nova que el feço que esta açerca da Carneçaria de Lugo, por manda que disso que delas feseran a os ditos aniversarios Iohan Affonso, fillo de Affonso Peres do Carvallar, que foy, por hun quinon que el avia enna dita casa d’ante que a el fesese. Et o dito Jacome Peres pidio delo testemoyo.

Testemoyas: Aras Vaasques de Mera; Vaasco Peres de Carvallido; et Diego escrivan, fillo de Diego Alvares de Bobeda, et outros.

Et eu Fernando Peres, notario publico sobredito, a esto que sobredito he con as ditas testemoyas pressente fuy et aqui puge meu nome et meu signal en testemoyo de verdade.