GMH/ÍNDICE A-Z

283
1346, decembro, 1
foro

Os clérigos do coro afóranlle a tres voces a Domingo Pérez, dito da Chousa, clérigo do coro e reitor da igrexa de San Mamede de Puga, varias herdades en Toén, algunhas foreiras de cuarta ao bispo, por 12 libras.

ACOu, Clérigos do Coro, 97

Sabean quantos esta carta viren que eu Martin Gonçalves clerigo e moordomo da huniverssidade dos clerigos do coro da igleia d’Ourense et nos Fernan Eanes e Fernan Peres clerigos e procuradores da dita oniversidade em nomme delles et presentes e outorgantes huna peça dos clerigos do dito coro, damos e outorgamos a foro a vos Domingo Peres dito da Choussa clerigo do coro da dita igleia d’Ourense et reytor da igleia de Sam Momede de Puga et a tres voses apus vosso finamento, quaes vos nomeardes en vossa vida ou a tenpo de vosso finamento, et se as non nomeardes que seian voses aquelles que herdaren os outros vossos beens, todolos herdamentos, viñas e casas e lagar e chousas e cortiñas e (muiños) e arvores que os ditos clerigos han em Graandeira e enna friguesia de Santa Maria de Toem e em seus termios, os quaes herdamentos e cousas sobre ditas foron de Miguel Eanes dito o Vello clerigo que foy do coro et capellan que foy de Santa Maria a Madre, os quaes herdamentos e cousas sobre ditas el leixou a dom Pero Paes dean que foy d’Ourense, et o dito dean mandou aos ditos clerigos. Damos vos a foro os ditos herdamentos e cousas sobre ditas a montes e a fontes con entradas e seidas e con todos seus dereitos e perteenças, delles de disemo a deus e delles de foro de quarta ao bispo d’Ourense, por tal condiçon que vos que lavredes e paredes ben os ditos herdamentos e cousas sobre ditas e deytedes e ontrechantedes as viñas. Et vos que paguedes e façades ao señorio aquelles foros e dereitos que os ditos clerigos som tiudos de faser e pagar pelos ditos herdamentos e cousas sobre ditas. Et livres e quites de todo outro enbargo. Et vos em toda vossa vida et as ditas tres voses depois de vosso finamento que dedes de foro cada anno em salvo por dia de Sam Martiño de novenbro dose libras de brancos da moeda de nosso señor el rey dom Affonso contados quareenta pares por tres libras em quanto esta moeda correr chaamente et des que esa moeda non correr que nos dedes a estimaçon de outra se veer. Et se quiserdes vender ou supeñorar os ditos herdamentos e cousas sobre ditas ou parte dellas vos ou as ditas voses que primeiramente frontedes aos clerigos do coro e llelo dedes polo justo preço, et se as elles non quiseren enton vendede ou deytade ou supeñorade non a cavalleiro nen a escudeiro nen a dona nen a religiosa pessoa nen a moordomo, mays a atal pessoa que seia semelavil de vos e de que nos possamos aver o nosso foro em pas assy commo de vos, ou se quiserdes poer aniversario ou mandar por vossa alma que mandedes aos clerigos do coro e non a outre. Et obligamos a vos todolos beens da aniversidade dos ditos clerigos do coro para anparar vos o dito Domingo Peres e as ditas vossas voses a min con os ditos herdamentos e cousas sobre ditas. Et eu o dito Domingo Peres que soon presente por min e polas ditas minas voses assy reçebo de vos o dito Martin Gonçalves moordomo e Fernan Eanes e Fernan Peres clerigos e procuradores da aniversidade dos ditos clerigos do coro en nomme delles afforados os ditos herdamentos e cousas sobre ditas. Et prometo e outorgo de lavrar e parar ben e pagar cada anno o dito foro e conprir e aguardar todalas cousas e cadauna dellas que em esta carta som contiudas. Et para o assy conprir obligo todos meus beens movilles e raizes gaañados e por gaañar. Et desto rogamos e mandamos a Pero Lourenço notario d’Ourense que fezesse ende duas cartas partidas por a.b.c. feytas en huun tenor. Feyta a carta en Ourense o primeiro dia de desenbro, era de mill e trezentos e oyteenta e quatro annos. Testemoyas Johan Fernandes de Trella dobreiro da dita igleia d’Ourense, Lourenço Peres, Pero Fernandes capellaens de Santa Maria a Madre, Pero Eanes da Silvaa, Affonso Eanes, Garçia Eanes, Fernan de Pas clerigos do coro da igleia d’Ourense.

Et eu Pero Lourenço notario publico d’Ourense pola igleia desse lugar que a esto presente foy e desto que sobre dito he en myña presença fis escrivyr duas cartas partidas por a.b.c. anbas en huun tenor e en cada huna delas meu nome e signal puge que tal he.

(sinal)

[reverso] Carta dos herdamentos de Graandeyra.