GMH/ÍNDICE A-Z

491
1396, setembro, 28 (Traslado feito o 15 de febreiro de 1397)
testamento

Cláusulas do testamento do notario Martín González.

ACOu, Escrituras I, 32

Enno nomme de deus amen. Este o traslado de hunas clausulas do testamento de Martin Gonçalves notario que foy d’Ourense, feito por min Nuno Gonçalves notario d’Ourense por quen o o dito Martin Gonçalves outorgou, o qual testamento enna primeira liña começava asy: Enno nome de deus amen. Sabean quantos esta carta de testamento viren commo eu Martin Gonçalves notario d’Ourense morador enna rua de Çima jasendo doente de grave dolor pero con todo meu siso qual deus tevo por ben de me dar, temendo a deus e a morte que he cousa natural por que todos os que en este mundo son vivos han de pasar, faço et ordeno meu testamento et miña pustromeira voontade para senpre valedeiro en esta maneira: Primeiramente encomendo a miña alma ennas maaos do meu señor Jhesu Cristo etç. Et fiinçiase asy: Feito foy et outorgado este testamento en Ourense ennas pousadas do dito Martin Gonçalves, viinte et oyto dias do mes de setenbro do naçemento de noso señor Jhesu Cristo de mill et tresentos et noveenta et seis annos. Tests. que foron presentes Afonso Giça notario d’Ourense, Rodrigo Garçia escripvan, Alvaro Purtugees, Fernan Yanes clerigo, Fernand Afonso Gansiño, Iohan Branco et Afonso Rodrigues clerigo visiños d’Ourense e outros.

As quaes clausulas do dito testamento son estas que se siguen: Iten mando aos coengos da dita igleia d’Ourense çinqoeenta mrs. et eles que tenan por ben de me faser onra. Iten lles mando mais aos coengos d’Ourense para senpre cada anno quareenta mrs. et que façan a festa dobres a santo Anton, et para esto doulles para ajuda da paga tres libras de dineiros brancos que me ha de dar Iohan Mallo et sua muller Dominga Mallo por todos seus beens das nove libras que me avia de dar, et mais as tres libras de brancos que ey por la casa da rua das Chousas que esta ao rigeiro, onde mora Vasco Coenllo, et as outras nove libras que fican que as ajan por todos meus beens, et pero se meus herees lles asignaren posisom por que as ajan que a tomen etç. Do qual dito testamento eu o dito Nuno Gonçalves notario publico d’Ourense por la igleia dese lugar ben et fielmente saquei et trasladey as ditas clausulas con miña maao propia a petiçon de Gonçalvo Anes Porcallo coengo da dita igleia et procurador do cabidoo dela et con autoridade de Iohan Afonso de Castro coengo da dita igleia et vigario jeeral do dito obispado, et as ditas clausulas aqui sacadas conçerteias con o dito original por ante o dito vigario e tests. adeante escriptas, ao qual traslado o dito vigario entreposo seu decreto ad perpetuan rey memorian que valese e fesese fe en todos lugares hu pareçese asi commo original meesmo. Feito este traslado em Ourense, quinse dias de fevereiro, anno do naçemento de nosso señor Ihesu Cristo de mill e tresentos e noveenta et sete annos. Tests. Iohan Castelaao et Fernando Castelaao et Diego Çide omes do dito vigario et Martino Anes clerigo do coro et outros. Et aqui meu signal fis en test. de verdade que tal he.

(sinal)

[reverso] Clausula do testamento de Martin Gonçalves notario.