GMH/ÍNDICE A-Z

68

a
xaneiro, 30

Denuncia presentada ante os xuíces por Inés Pérez polo asasinato do seu marido Pascual Rodríguez. (fol. 22)

Eynes.

Et despoys desto, sabado triinta dias do mes de janeiro, en Ourense enna Praça do Canpo, Eynes Peres deu querella Afonso Yanes e a Loys Gonçalves, juises da çidade d’Ourense, que en como oje este día porla mañaa, ante de prima, jento seu marido manso e seguro, Pascoal Rodrigues, porla Rua das Chousas, que aerençaran a el non sabya quen nen quen non, et que por detras que lle dera huna ferida, da qual ferida logo morrera e o mataran, et que lles pedía que sacasen peresquisa e soubesen quen o matara e sabeendo que proçedesen contra a el aquelas pennas que o dereito en tal caso manda como contra aquel que mata ome manso e seguro, e que lleslo dava asy por querella, et logo os ditos juises diseron que lles pesava delo e que eran prestes de sacar peresquisa et de faser todas suas deligençias et sabendo quen o matara et podendo aver que o prenderian et farían del conprimento de dereito e de justiça et que fora ja fora da dita çidade por prender quen o mataran e que o non poderan achar nen saber quen era, et agora outra vez que estavan de caballo para seyr fora buscar e veer se poderian achar quen o matara. Tests. Afonso de Logilde e Estevo Calvo et Meen de Seabra et Pero criados que foron do dito Pascoal Rodrigues. ( fol. 22)