GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1100
1455, xaneiro, 10. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles ó notario Diego Afonso, á súa muller e a tres voces parte dunha casa na rúa lucense de Batitalas por renda anual de quince marabedís e outras obrigacións.
MADRID, AHN, Cód. 419 B, fs. 18 v.- 19 r.
   

Saban quantos esta carta de foro viren como nos o cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo per son de canpana tangida, segundo que avemos de uso et de costume, dentro en a dita iglesia açerca da porta por onde soben a os orgoos dela entendendo que fasemos noso probeyto et de nosos suçessores, avido primeyro noso acordo et madura deliberaçon, aforamos a vos Diego Afonso de Riva de Neyra, notario et a vosa muller, Ignes Ferrnandes, por vida de vos anbos et de outras tres personas despoys de vos, huna qual nomear o postremeyro de vos et outra qual nomear aquela persona que por lo postremeyro de vos for nomeada, et asi de grado en grado ata que se acaben as ditas tres personas despoys de vos et da dita vosa muller, et se por ventura cada huna das ditas personas non nomear persona do dito foro que fique persona del quen herdar seus beens de dereyto ou a mayor parte deles, as duas terças partes de huna casa et orto dos aniversarios da dita iglesia, que esta dentro en esta çiudade de Lugo, en a rua de Baticalas sub o sino da Capela de Santiago, et esta junta da huna parte con huna casa en que agora mora Tereyia Ferrnandes, muller que foy de Vasco Martines, correeyro, et da outra parte esta junta con outra casa que ora ten en foro de nos, o dito cabidoo, et en que mora Alvaro Gomes de Lea, as quaes duas terças partes da dita casa et orto vos aforamos, como dito he, con suas entradas et saydas et jures et pertinenças segundo que eles a nos perteesçen et a os ditos aniversarios, a tal pleyto et condiçon que de aqui ata quatro anos primeyros siguentes levantedes a dita casa, en que nos avemos as ditas duas terças partes, de sobrado et balcon en a rua; et dedes et paguedes de foro por las ditas duas terças partes da dita casa et orto vos et as ditas personas en cada hun ano por dia de San Martino de novembro a nos, ou a noso rendeyro et colledor dos ditos aniversarios, quinse maravedis de moeda vella de longos en a moeda que se pagaren as outras rendas da dita iglesia et cabidoo, et con condiçon que cada huna das ditas personas que suçederen en o dito foro despoys de vos et vosa muller que do dia que en el suçeder por foreyra que se vena mostrar seer foreyra del a nos, o dito cabidoo, et a nosos suçessores fasta trinta dias logo siguentes sub pena que se o asi non feser que por ese mesmo feyto perga o dito foro. Et a finamento da postremeyra persona que suçeder en o dito foro da dita casa et orto que a dita casa fique feyta, cuberta et ben reparada, libre et desenbargada con seu orto a nos, o dito cabidoo, et a nosos suçessores con todos los boos paramentos que en ela foren feytos.

Et eu, o dito Diego Afonso, que presente soo asi reçebo o dito foro de vos, o dito cabidoo, para min et para a dita mina muller et personas por las maneyras et condiçoes sobreditas, et obligo a min et a meus beens et da dita mina muller et personas de conplir, atender et pagar todo o susodito segundo que en esta carta de foro sen conten.

Et nos, o dito cabidoo, asi vos lo outorgamos et porque seia çerto outorgamos et mandamos delo faser duas cartas de foro por lo notario iuso scripto anbas en hun tenor huna para vos, o dito Diego Afonso, et vosa muller et personas et outra para nos, o dito cabidoo, et nosos suçessores, et por mayor firmeza mandamos seelar a vosa carta con noso seello pendente.

Que foy feyta et outorgada en a dita çiudade de Lugo en a dita iglesia et lugar, dia esta feyra, des dias do mes de janeyro, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et çinquoenta et çinquo anos.

Testigos que foron presentes et outorgaron o dito foro: Afonso Martines de Galdo, chantre; Gonçalvo Peres de Carvallido, arçediano de Sarrea; Gonçalvo Rodrigues de Parrega, thesoreyro; Rodrigo Afonso, Gomes Vasques, Juan Vidal, Juan Ares, Diego Vasques, Lopo Garçia, Juan Ares de Parrega, Rodrigo Afonso das Camoyras, et Pero Martines, canonigos da dita iglesia de Lugo, capitulantes.