GMH/ÍNDICE A-Z

112
1311, xuño, 6
Xoán Romeu e a súa muller véndenlle a García Fernández a cuarta parte da súa herdade en Marcoi, freguesía de Santa María de Alta, por 200 soldos.
MADRID, AHN, Carp. 1332 B/14, perg. orix., galego, gótica cursiva, 131x140 mm.

In Dei nomine amen. Sabeam quantos esta carta viren commo eu Iohan Romeu, fillo de Pedro Carvallo et de Dominga Peres, que foron de Marchoy, et minna muller Maria Domingues, de boo curaçon, vendemos, a vos Garçia Ferrnandes de Santa Maria Alta et a vossa muller Aldara Eanes, a quarta parte do herdamento et da vos que estos sobreditos meu padre et minna madre avyan et aver devyam, a dia de sua morte, en Marchoy et allur en quaesquer cassares que vaan su signo de Santa Maria lta, con todas suas dereyturas et pertenenças, a monte et a fonte, peru quer que vaa, fora ende o que eu vendi a Roy Ferrnandes, vosso hirmao, et a Affonso Eanes, criado de Iohan Balluga, que foy. Et reçebo de vos por esta vençon en preço dusentos soldos a VIIº dineiros por cada tres soldos desta moneda que el rey dom Ferrnando mandou faser, de que nos outorgamos por ben pagados. Et obligamos nos et todos nossos bees de vos façer esta vençon senpre de pas, des oye mays avedea sempre an paz vos et vossa voz pus vos todo nosso sennorio et poderio onde seia removudo.

Feyta a carta da vençon seys dias de junyo, era de mill et CCC XL IXe annos, en tenpo del rey don Ferrnando, bispo en Lugo dom frey Iohan.

Et nos sobreditos vendedores confirmamos et outorgamos.

Testemoyas: Miguell Iullaes, alffayate; Pedro Novo de Santa Maria Alta; Iohan Garçia et Pedro Peres de San Cloyo, peliteiros de Lugo, ts.

Et eu Affonso Peres, notario publico, dado pelo bispo de Lugo a o conçello desse miismo lugar a esto foy presente et esta carta escrivi et puge en ella meu signal. (+).