GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

484
1346, abril, 25. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Xoán López e á súa muller e a unha voz unha casa en Palas de Rei por 10 marabedís anuais e a obriga de reparala.
MADRID, AHN, Cód. 1042 B, fol. 76r.

In Dei nomine amen. Era de mill et CCC LXXXIIIIª annos, viinte et çinquo dias d’abril.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos o dayam et cabiidoo da iglesia de Lugo damos et avervamos a vos Iohan Lopes de Pallas de Rey, et a vossa muller, Tareyia Solssa, et a huna pessoa qual vos en vida o en vosso passamento o pustremeyro de vos nomear para esto, a nossa cassa que esta en burgo de Pallas de Rey no Caminno Françes, que he desta nossa iglesia, enna qual cassa mora agora Iohan Miguelles, alfayate; a qual cassa esta en dereyto da cassa que he do moesteyro de Villar de Donas, con todas suas pertenenças et dereyturas, entradas et seydas, a a tal pleito et vervo conven a saber que vos, os ditos Iohan Peres et vossa muller Tareyia Solssa, reffaçades en esta cassa de paredes et de madeyra do que estever por façer, et de sobrados que lle perteneçen semelantes das outras cassas que estan en esse burgo, semelantes que estan cabo della. Et esta dita cassa avedes assi de refaçer con seus sobrados deste sam Iohan primeyro que ven ata tres annos compridos que se segue da era desta carta; et avedes a dar, cada anno, vos et a dita pessoa que asi para este vervo for nomeada, des moravedis, d’oyto soldos cada moravedi, desta moneda del rey dom Affonso, por dia de sam Iohan Bautista, en Lugo en salvo, a aquel que ovuer por nos de recadar os aniverssarios da iglesia de Lugo. Et a morte de vos et da dita pessoa avedes a leyxar esta cassa livre et quita de vos, de vossa vos, et feyta et con todos os outros boos paramentos que en ella foren feytos a a dita iglesia de Lugo.

Et eu, o dito Iohan Lopes por min et por la dita minna muller Tareyia Solssa et por la dita pessoa que para este vervo for nomeada, asi reçebo este vervo desta cassa de vos, o dayam et cabiidoo sobreditos, et obligo por min et por todos meus bees de faser et comprir et pagar este vervo commo sobredito he. Et para o comprir et pagar estos ditos dineiros et comprir o vervo da dita cassa dou-vos por fiador et devedor a dom Diego Ferrnades, dayan de Lugo, este dayan presente et outorgante a a fiadoria et deveda sobredita. O qual fiador Iohan Ferrnades, raçoeyro et procurador, reçebeu en nome do dito cabidoo, cuio procurador he, o dito fiador (sic).

Et por que esto seia çerto nos estas partes sobreditas rogamos a Fernan Peres, notario publico del rey na çibdade de Lugo, que feçese ende escripvir duas cartas en hun thennor. Testemoyas que foron pressentes: dom Diego Ferrnandes, dayam; dom Alvar Dias, archidiago de Neyra; don Aras Pellaes, archidiago de Deçon; don Pedro Iacome, iuys; don Vasco Dias, thesoreyro; Iohan Dias, Ioha Gutierres, coengos de Lugo; Iohan Ferrnandes, raçoeyro; Gonçalvo Eanes, Afonso Domingues, coengos d’aniversario.

Et eu Fernando Peres, sobredito notario publico del rey na çibdad de Lugo, que a esto que sobredito he presente foy et por rogo das partes fis escrivir et puge y meu nome et meu signal. (+).