GMH/ÍNDICE A-Z

551
1350, xaneiro, 6. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo afóranlle ao racionero Rui Gómez e a unha voz o casal de Barbaín, nas freguesías de San Fiz de Muxa e Santa María de Bóveda, por renda anual de dúas terzas de pan.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 72r.

Era de mill et tresentos et oyteenta et oyto annos, seys dias de janeyro.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos don Diego Ferrnades, dean de Lugo, et o cabidoo dese lugar, seendo iuntados en cabidoo enno coro desa iglesia, avervamos a vos Ruy Gomes, raçoeyro da dita iglesia, para en toda vosa vida et de huna pesoa semellavel de vos qual vos nomeardes en vosa vida ou a tempo de voso finamento, o casal de Barbeyn que he dos aniverssarios da dita iglesia, con todas suas dereyturas et pertenenças, a montes et a fontes, peru quer que vaa sub signos de sant Fiis de Muia et de santa Maria de Bobeda et sub outros signos quaes quer; o qual casal soya teer de nos avervado Arias Pellaes, arçidiago que fuy de Deçon; o qual casal vos avervamos por tal condiçon que façades lavrar et parar ben as herdades do dito casal et manteer as casas del en boo estado. Et avedes a dar, cada anno, vos et a dita persoa que para esto for nomeada, de renda a aquel que tever os \aniversarios/ da dita iglesia arrendados, duas terças de pan, as duas partes de temporao et a terça de serodeo en salvo. Et a finamento de vos et da dita persoa o dito casal que fique livre et quito a os ditos aniversarios con todos los boos paramentos que y foren feytos.

Et eu, o dito Ruy Gomes, que presentes estou assy reçebo o foro et vervo do dito casal de vos o dean et cabidoo sobreditos para min et en nome da dita persoa, et obligo todos meus beens para o conprir et para pagar cada anno as ditas duas terças de pan enna maneyra que sobredita he.

Et nos, dean et cabidoo sobreditos, asy vos lo outorgamos, et por que esto seia çerto et non venna en dulta nos las ditas partes rogamos a Iacome Guillelmes, notario publico de Lugo, que fesesse desto duas cartas en hun tenor, huna para vos seelada con seello colgado de nos o cabidoo, et outra que deytase no noso livro do cabidoo, anbas signadas con seu signal.

Feytas en Lugo, era et dias et mes sobreditos.

Testemoyas: don Fernando de Deus, chantres; don Garçia Dias, arçidiago de Sarrea; don Vaasco Rodrigues, arçidiago de Deçon; don Lopo Domingues, thesoreyro, et Iohan Ferrnandes, Tomas Gomes, Gonçalvo Yanes, coengos da dita iglesia; Iohan Affonso, raçoeyro, et outros ts.

Et eu Iacome Guillelmes, notario publico del rey en Lugo, a esto fuy presente et a rogo das ditas partes esta carta fis scripvir en este livro do cabidoo et puge y meu signal en testemoyo de verdade.