GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

83
1309, xullo, 29. Cirio

O bispo de Lugo arréndalle, durante tres anos, a Afonso Pérez todo canto lle pertence no couto de Lea, por renda anual de 20 terzas de pan.

MADRID, AHN, Carp. 1332 B/6, cart. part. por a.b.c., perg. orix., galego, gótica cursiva, 210x200 mm.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos don frey Iohan, por la gracia de Deus bispo de Lugo, arrendamos a vos Affonso Peres de Lea, deste Sant Iohan que ora foy a tres annos, todo aquelo que nos avemos et devemos aaver eno couto de Lea, assi eglesiario commo leygario, ata data da era desta carta, conven a saber que he a meatade da eglesia de Çiro et mays medea d'una oytava, et outro tanto en essa fiigregia, et por renda en essa eglesia duçentos et dous soldos et medeo d'Affonsso. Item mando na eglesia de Santa Marina de Frayil de a meatade dessa eglesia et mays medea d'una oytava, et outro tanto en essa friigregia, et por renda en esa eglesia çento et triinta et çinquo soldos d'Alffonso. Item na eglesia de Suevos a sesta et mays de quaraenta et oyto quinoes un et outro tanto en essa friigregia, et por renda en esa eglesia triinta et tres soldos et nove dineiros d'Alffonso.

Item na eglesia de Caraço a sesma et mays de quaraenta et oyto quinoes un et outro tanto en essa fiigregia, et por renda na eglesia viinte et dous soldos et medio d'Alffonso. Item na eglesia de Ludro a sesma et mays de quaraenta et oyto quinoes un et outro tanto en essa fiigregia et por renda na eglesia trinta et tres soldos et nove dineiros d'Alffonso. Item da terraria do Vilar de Mondariz a sesma et mays de quaraenta et oyto quinoes un. Item o padroadigo da eglesia de San Bertolameu de Lea que he a terça et a quarta d'una sesma, et outro tanto en essa terraria. Item a meatade et a ytava do muyno de Lea et do poombar, et as tres quartas [...]. Item os casares de Ludro et de Riovoo con suas pertenenças et dereyturas et con todas las outras dereituras que y a nos perteeçen en esse couto, salvo as presentaçoes et os enclerigamentos das eglesias que nos non arrendamos. Outrosi vos arrendamos todos los outros herdamentos ue avemos et devemos por aver ena veyga de Logares et en Boysam et nos outros lugares no alfoz da Pobra de Buroom por rason do emprasamento que fesemos con Ruy Gomez de Lea. Estas cousas sobreditas vos arrendamos por viinte terças de pan en salvo cada anno, as duas partes de temporao et a terça de serodeo eno couto de Lea, con as quaes cousas vos devemos a anparar a dereyto et aiudarvos a a força. Et eu o dito Affonso Peres reçebo estos lugares et estas cousas sobreditas segundo que se de suso conteem en nome do bispo sobredito, et por esta miisma renda. Et outorgo et prometo a a boa fe et faço menagen que traga et aiure estes lugares et cousas sobreditas en nome do bispo sobredito segundo que se de suso conten, et mellor se eu mellor poder. Et este tempo desta renda complido, que eu que de estes lugares et cousas sobreditas, livres et quitas et ben aiuradas, assi commo ora estan, ou mellor se eu poder mellor, a vos o bispo sobredito. Et para esto complir obligo min et todos meus bees moviles et rayz et demays douvos por fiadores: Diego Alvarez escudeyro et Iohan Ferrnandez de Caraço, elles presentes et outorgantes por si et por todos seus bees moviles et rays. Et outrosi eu Affonso Peres outorgo que non faça en esto ningun enganno nen malicia por min nen por outro, et renunço de nunca contra esto viir en iuyso nen fora del por min nen por outrem, et se o por ventura fesesse que me non valla nen seia oydo sobre ello. Et que esto fosse çerto nos o bispo et Affonso Peres sobreditos rogamos a Françisco Lopez, notario publico de Lugo, que fesesse dous publicos estromentos partidos por A.B.C.

Feyto foy esto en Çiro, dous dias por andar de julio, era de mill et CCC et Xª LVIIe annos.

Os que presentes foron: Nuno Martinez, Rodrigo Alvarez, et Ruy Ferrnandez, clerigos de Lugo; Gomez Alvarez et Fernan Bolanno, escudeyros, ts., Fernando Aras de Villa Sante, Pay Peres de Çiro, Iohan Garcia de Suevos, Pedro Martines de Frayalde, ts., et outros.

Et eu Françisco Lopes, notario publico de Lugo, a esto presente fuy et dous estrumentos partidos por A.B.C. a rogo das partes sobreditas por myna mao escrivi et en cada un deles meu nome et meu signal puge en testemoyo de verdade.

SIGNO