GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro do Concello de Santiago

180

1421, agosto, 12.
O Concello e vigairos das Confrarías, diante da falta de efectivo para facer fronte ós gastos, reparten a cantidade de 10.000 maravedís da renda dos 30.000 maravedís da renda.
O Concello acorda que se pague o salario ós alcaldes.

Dose dias do mes de agosto, este dito dia seendo o conçello, alcalles, jurados e regedores e homes bõos da çidade de Santiago juntados por crida de anafil, segundo que han de uso e de custume, enno sobrado da notaria de Ruy Martines, notario, presentes ende Martin Serpe e Gomes Rodriges, Bachiller en Decretos, alcalles enna dita çidade e Fernan Gonçales do Preguntoyro e Martyn Galos e Afonso Fernandes Abril, Juan Ares da Cana jurados e regidores da dita çidade e Afonso do Vyso e Lopo Fernandes, vigarios da confraria dos carniçeiros da carniçaria do Vilar e Fernan Bernaldes, vigario da confraria de San Savaschaao e Juan Senmal, vigario da confraria dos ferreiros e Ruy de Melide e Juan Afonso, vigarios dos çapateiros e Juan Dominges de Reys, vigtario da confaria dos carniçeiros da carniçaria do Campo e Afonso Gonçales Trenbollo, vigario dos mercadores da dita çidade e en presença de min Fernan Eanes, notario publico de nosso señor el rey enna sua corte e en todos los seus reynos e escusador por lo dito Ruy Martines, notario publico da dita çidade e dos testemoyas adeante scriptas; enton o dito conçello alcalles e regidores jurados e omes bõos e vigarios diseron que por quanto o dito conçello avya de pagar çertas devedas que devyan dos marquos e jantar de nosso señor el rey e dos marquos do señor arçobispo e outras custas e devedas neçesarias e a o presente non abyan morabedis algunos por que se pagasen, por ende que mandavan e mandaron que se recabdasen hũa renda de dez mill morabedies, branqua en tres dineiros e que fosen rebcadadas por los ynfintos da renda de triinta mill morabedis, e os alcalles que recabdasen e levasen seu selario
 Testemoyas. Fernan Ares Xarpa e Juan Gonçales da Cana, Vasco Gomes de Marçoa e Juan Peres deseedor, Gonçalvo de Covas, Fernan Juliate, Juan Ares do Vilar, Alvaro de Ribadulla, Garçia Canes, cambeador, Juan Ares Chantreyro, Gomes Eanes, alfayate, visiños da dita çidade.
Iten mandaron que pagasen aos ditos alcalles os seus selarios acustumados.- Testemoyas os sobreditos.