GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

151
1324, abril, 27
renuncia

Pedro Bofón renuncia en favor de María Iáñez ao lugar da Forcada, que tiña aforado dela.

ACOu, Escrituras XXI, 49


Sabean quantos este escripto viren que en presença de min Tome Anes notario do couto de Santo Estevoon de Riba de Sil e das tests. que adeante som escriptas, Pero Bofon morador no lugar que chaman a Forcada que e na fiigresia do moesteiro sobredito de Santo Estevo disso que se quitava e renunçiava por sy e por sua voz a Maria Anes madre de Ruy Martinez prelado da igleia de San Martiño de Sabadelle de todo o erdamento que el tiina a foro da dita Maria Anes no lugar sobredito da Forcada asy que el nen sua voz que o non posam demandar en ninum tenpo en juyzo nen fora del, a qual renunçiaçon diso que fazia a dita Maria Anes e a sua voz por quanto non pudia lavrar nen parar o dito erdamento nen pagar a renda del. Et de commo esto pasou por min notario o dito Ruy Martinez en nomme da dita sua madre pidíome ende hum estrumento con meu signal et eu deylle ende este, que foy feyto xxvii dias de abril, era de mill e ccctos e lxii annos. Tests. que a esto presentes foron Fernan Rey de Rioboo, Johan de Villalva morador en Ourense, Pero Boto de Lagoços, Martin Anes forneyro do moesteiro sobredito, Pero Fernandez leneyro seu conpañeiro, Domingo Iohanes dito Docos.

Et eu Thome Anes notario sobredito por el rey e por don Domingo Eanes abbade do mesteiro sobredito que a esto presente foy e esta carta escrivi e meu signal pugen en testemoyo de verdade que este atal.

(sinal)

[reverso] Carta de Roy Martinez de Sabadelle.