GMH/ÍNDICE A-Z

389

setembro, 4

Afonso García de Toledo, recadador da alcabala do viño, arréndalla ao notario Álvaro Cide por 2.000 pares de brancas. (fol. 116)

Afonso Garçia de Tolledo. Dorna. Feita e dada.

(A IIIIº dias do mes de setenbro Afonso Garçia de Tolledo, recadador da alcavala dos viños da çibdade d’Ourense deste anno, arrendou Alvaro Çide notario vesiño d’Ourense alcavala dos viños da dorna desta dita çibdade deste dito anno, a qual dita alcavala da dita dorna lle arrendou por contía de dous mill pares de brancas, et o dito Alvaro Çide asy arrendou del a dita alcavala da dita dorna et obrigouse de dar et pagar os ditos dous mill pares de brancas ao dito Fernando Garçia e ao dito Afonso Garçia \ou a quen seu poder delles ouver/ ou a quen nos elles libraren doje este día ata en fin do mes de janeiro primeiro que ven. Penna dez mrs. etç. Para o qual obrigou sy e todos seus beens, deu poder a qual quer justiça etç. Obrigaçon forte e firme etç. Tests. Lopo de Santa Ougea, Gonçalvo Martines de Piñor, Diego Meendes, Rodrigo de Santa Ougea)*.