GMH/ÍNDICE A-Z

H33
1435, decembro, 15
Os familiares de Álvaro da Seara presentan o corpo sen vida deste ante o xuíz e querélanse contra os seus agresores e homicidas. (fols. 12v-13)

Feita e dada. Querela da morte de Alvaro da Seara.

Et despois desto a quinse dias do dito mes do dito anno, Alvaro Paas de Costoya e seu fillo Diego Alvares et Joan e Joan Tanquello et et Joan et Tareija Gomes, curmaa do dito Alvaro da Seara, et Aldara de Golfaris sua tya et os fillos /de Gomes do Outeiro do Coto et Eynes Gomes, moller de Gomes Yanes de (Espinosa)\ et outros moytos seus parentes que ende estavan todos presentes, estando ende presente mestre Fernando juis d’Ourense, logo os sobre ditos presentaron ende morto en huun escano ante o dito juis Alvaro da Seara, et descobrironno de huna capa que tragía sobre sy e de roupa et mostraronno finado ao dito juis con huna ferida enna cabeça et diseron que davan querella (fol. 12v)
ao dito juis de Joan da Ruça et de Fernando d’Ares et de Pero criado de Lopo de Vylariño, disendo que en como o dito Alvaro da Seara estando o dia de domingo /que foran XI dias do dito mes do dito anno\ manso et seguro enna Rua d’Oobra desta dita çibdade et non fasendo nen disendo mal a persona alguna por que mal devese de reçeber, que os ditos Pero e Joan da Ruça et Fernando d’Ares fillo de Diego Ares de Garabatos, que aderençaran ao dito Alvaro da Seara e que lle deran a dita ferida e da qual logo caera, o mataran, etç., por ende que o davan todo por querella ao dito juis e que lle requerian que os prendese porlo corpo e os non dese soltos nen fiados ata que a justiça de noso señor el rey en elles fose conprida como contra aqueles que a salva fe matan omen manso et seguro, et fasendoo asy que farian ben et dereito, senon que el fose tiundo as pennas que os sobre ditos meresçian por la dita morte do dito Alvaro da Seara, et logo o dito juis diso que lle pesava delo et podendoos aver en lugar donde se delles podese ajudar que os prendería et faría delles conprimento de dereito et de justiça et que lle negavan todas suas estimaçoens et protestaçoens. Tests. que foron presentes Alvaro Gomes et Joan do Bouteiro et Ares de Doade, Joan Çereyjo, Gomes do Pereyro, vesiños d’Ourense.