GMH/ÍNDICE A-Z

425
1434setembro, 20
Afonso de Moreiras e Pedro Fernández de Porzomillos, notario, nomean homes bos para determinar a diferencia que manteñen sobre varios bens. (fol. 129-129v)

       

Pero de Porçomillos.

En este dia, enna igleia de San Martiño, Afonso de Moreiras e Pero Fernandes de Porçomillos notario, por rason que ontre elles era et entendía seer pleyto e contenda e debate sobre rason dos beens que o dito Afonso de Moreiras enpenara ao dito Pero Fernandes e Alvaro Çide notarios, sobre lo qual poseron seus ommes boons, o dito Afonso de Moreiras a Diego de Meríí et o dito Pero Fernandes Alvaro Afonso da Fonteyna rejedor et que o livrasen ontre anbos como achasen por (fol. 129)

dereito, et toda sentença que desen que estevesen en ela, sopenna de çen frolliins douro et que o librasen ata San Martiño etç. Conpromiso forte e firme etç. Tests. que foron presentes.