GMH/ÍNDICE A-Z

969
1419, decembro, 18. Lugo

Don Xoán Ruíz, vigairo do bispo de Lugo, afóralles a Fernán Pérez, á súa muller e a unha voz un casal na freguesía de San Vicenzo de Pías, por renda anual de dúas fanegas de centeo.

MADRID, AHN, Carp. 1332 H/5, perg. orix., galego, cortesá, 245 x 290 mm.

Sabean todos como eu don Johan Roys, bacheller, arçediano vicario et provisor geeral en o spiritual et temporal da iglesia et obispado de Lugo por lo moyto honrrado padre et senor don Fernando, Obispo do dito lugar, et por poderio sufiçiente que para ello ey, et veendo et considerando que he proveyto da iglesia de Lugo et mesa obispal, dou aforo et avervo a vos Fernan Peres de Bardancos, mercador, vesino de Lugo, et a vossa muller, Sancha Ferrnandes, et a huna persoa qual o postrimeiro de vos nomear en vida ou a o tempo de seu finamento, et se non for nomeada por vos ou cada hun de vos que seia aquel ou aquela que de dereito ouver de herdar vossos bees, conven a saber todo ho casal chamado do Bispo, que he sito et ias en a frigregia et aldea et sub signo de San Viçenço de Pias, que he et perteesçe a o dito senor Obispo et mesa obispal, con todas suas herdades, casas, arvores et formaes, iures et pertenenças, entradas et seydas, et agoas vertes, a montes et a fontes, et pascos et con outras cousas quaesquer que lle de dereito perteescan et perteesçer deven en qualquer maneira et por qualquer rason, a a tal condiçon que vos et a dita vossa muller et persona labredes et paredes ben as ditas herdades do dito casal, et as façades labrar et lles dedes aqueles lavores que lles feseren mester en cada hun ano en guisa que se non pergan nen malparen con mingoa de lavor et de boo paramento et de sarradura, et façades tirar de monte as que iouveren en el que seian sen maliçia, hu tiraren outros, et as mantenades et tenades en boo paramento et estado; et dedes de renda et foro do dito casal, a o dito senor Obispo et sua iglesia, duas fanegas de boo çenteo linpo de poo et de palla en cada hun ano. Et o dito senor Obispo et sua iglesia ha a defender et anparar ho labrador que labrar as ditas herdades das monedas, peytos et pedidos que vieren, segundo ho foren os outros serviçaes et caseiros do dito senor Obispo et sua iglesia do couto de Lugo. Et a finamento da pustrimeira persoa que para ello for nomeada o dito casal et herdades del et cousas a el perteesçentes han de ficar libres et quitas a o dito senor Obispo et sua iglesia con todos los boos paramentos que en elas foren feitos.

Et eu, o dito Fernan Peres, que presente estou por min et por la dita mina muller et persoa asi reçebo o dito foro do dito casal et cousas a el perteeçentes, et obligo meus bees et seus de o comprirmos et pagarmos en todo segundo dito he. Et eu, o dito vigario, asi vos lo outorgo, et en testemoyo desto mandovos dar esta carta firmada de meu nome et seelada de meu seelo et signada do notario iuso scripto.
Dada en a çiudade de Lugo, des et oyto dias do mes de desenbre, ano do naçemento do nosso salvador Jhesu Christo de mill et quatroçentos et des et nove anos.

Testemoyas que foron presentes chamados speçialmente et rogados: Ares Afonso da Pulleira, bacheller, coengo de Lugo; et Juan Martines, criado do dito vigario; et Pedro Ferrnandes; et Roy Fernandes, moradores en o dito lugar de San Viçenço; et Juan Ferrnandes, criado do dito Francisco Peres, et outros.

Et eu Ruy Fernandes de Mançoe, clerigo do obispado de Lugo, notario publico por las autoridades apostolical et temporal, a todo esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente fuy, et este foro aqui escrivi a pedimento de don Fernando Peres et por mandado do dito vigario que o firmou de seu nome et mandou seelar con seu seelo pendente, et aqui puge meu nome et signal en testemoyo de verdade (signo).

Ruy Fernandes, notario apostolico.