GMH/ÍNDICE A-Z

101

1418, novembro, 16.
O Concello ordena pregoar a Domingo Longo que os veciños que tivesen garantías a poder de Alvaro Vizoso, por efecto do repartimento, as poidan rescatar no prazo de 3 días.
O Concello ordena pagar a Gonzalo Rodríguez do Camiño 120 maravedís, por cartas referentes á ordenanza do viño e a que os veciños de Santiago non fosen peñorados, non sendo polas súas débedas propias.
Afonso da Cana, servente do Concello, declara ter recibido do procurador deste 120 maravedís.
Gonzalo Rodríguez do Camiño declara ter recibido do procurador 120 maravedís pola presentación de documentos.

Dia quinta feira, des e seis dias do mes de novenbro. Sabean todos que seendo o Conçello, alcalldes, regidores. jurados e omes bõos da çidade de Santiago, juntados en consistorio enna notaria de Rui Martines, notario publico da dita çidade, segundo que han de custume, presentes ende Martin Galos e Juan Ares da Caña, alcalles enna dita çidade e Afonso Fernandes Abril e Alvaro Afonso Juliate e Gomes Rodriges, jurados enna dita çidade et en presença de min Fernan Eanes, notario etc e scusador etc. Enton os ditos alcalles et jurados mandaron a Domingo Longo, que presente estava que pregoase por las praças da dita çidade que aqueles que tĩinan peñoras postas en mãao e poder de Alvaro Viçoso por los tres mill moravedis que o dito Conçello repartira en çertos visiños da dita çidade por rason d’enprestido, que os quitasen doje a terçer dia seginte e non os quitando que os non podesen dende endeante demandar. {E o dito Alvaro Viçoso pedio testemoyo}. Testemoyas que a esto foron presentes, Pero Afonso notario da dita çidade e Vaasco Gomes de Marçoa e Ares Chantreiro e Johan Fernandes de Grado, scrivano del rey. Predito. O dito conçello, alcalles, regidores e omes bõos mandaron ao sobre dito Alvaro Viçoso que dos tres mill maravedis (do enprestido) que por el o dito Conçello recabdavan que dese a Gonçalvo Rodriges do Camiño çento e viinte moravedis, branqua en tres dineiros para o regimento de hũa app(?) que enviavan presentar ante noso señor o arçobispo sobre rason de hũa carta que Lopo Fernandes, juis do dito señor arçobispo dera sobrela ordenança do viño que se non vendese por mayor preço do que mandara o dito señor arçobispo et para gaanar carta do noso señor el rey con enforsamento sobrela carta que o dito conçello ten que os visiños da dita çidade non sejan peñorados salvo por sua deveda propria. Testemoyas, os sobre ditos.
Predito.- Afonso da Caña, servente do conçello, confesou que reçebera de Alvaro Viçoso dusentos moravedis de moeda vella que lle o dito conçello mandara dar et renunçiou et a ley etc. Testemoyas Gomes de Santa Aya e Garcia Varon ome de Bernald Eanes do Canpo e Pero Afonso, criado de Ruy Martines, notario.
Levou Pero Leiteiro esta carta.
(Fol. 52 vº)
Predito. O dito Gonçalvo Rodriges do Camiño outorgou se por pago de Alvaro Viçoso dos çento e viinte moravedis, branqua en tres dineiros, que o dito conçello lle mandara dar para o presentamento de a pp. e carta de noso señor el rey. Testemoyas, Gomes Rodriges, bachiller en Decretos, e Gonçalvo de Millares, ome de Ruy Martines, notario, e Juan de Guisande ome do dito bachiller.