GMH/ÍNDICE A-Z

97

1418, outubro, 17.
O Concello ordena se paguen 14,94 maravedís dos marcos que se deben dar ó Rei, pertencentes ó presente ano.

Des e septe dias do mes d’oytubre. {Sabean todos que} seendo o conçello, alcalles e regidores, jurados e omes bõos da çidade de Santaigo juntados enna notaria de Ruy Martines, notario da dita çidade por crida de anafil, segundo que han de usso e de custume, presentes Juan Ares da Canna e Martin Galos alcalles enna dita çidade e Fernan Gonçales do Preguntoiro e Alvaro Afonso Juliate e Afonso Fernandes Ponpelo e Gomes Rodriges, bachiller en decretos, jurados e regidores enna dita çidade 29 e en presença de min Fernan Eanes, notario publico de nosso señor el rey enna sua corte e en todos los seus regnos e escusador por lo dito Rui Martines, notario e das testemoyas adeante scriptas; enton o dito conçello, alcalles et jurados mandaron que Alvaro Viçosso, que era absente que dos {tres mill morabetinos que recabdava por lo dito conçello dese a Juan Ares, alcalle para pagar} a Fernan Ares de Xarpa mill e quatroçentos e noventa e quatro morabetinos de moeda vella dos marquos de noso señor el rey, dos quaes mostrou carta de livramento de Fernan Gonçales d’Oviedo, //
(Fol. 51 vº)
recabdador este anno enna çidade e arçobispado de Santiago por Diego Fernandes de Leon, Recabdador mayor do dito señor rey; os quaes morabedis eran dos marquos deste dito anno et que rogavan e mandavan ao dito Juan Ares, alcalde, que costrenjesse o dito Alvaro Viçoso a darlle e pagar os ditos mill e quatroçentos e noventa e quatro moravedis {e el dito dese ao dito Fernan Aras ou} a aquel que os ouvese de aver por lo dito Fernan Ares e que se entregasse o dito Johan Aras dos çen moravedis que o dito Fernan Aras devya da renda en que fora posto e recabdase a carta original dada ao dito Fernan Ares dos ditos moravedis por lo dito Fernan Gonçales para garda do dereito do dito conçello. Testemoyas: Pero Eanes Abraldes, Juan Fernandes da Cana e Rui Freyre e Vaasco Peres Abril e Juan Rodriges do Çiqueelo e Pero Leiteiro, visiños da dita çidade.- Dada aa moller de Fernan Ares.
 

29 Borrado: “por crida de anafil segundo que han de custume”.