GMH/ÍNDICE A-Z

43
1433, xuño, 15

Pero Cruu, o vello, xurado de Pontevedra, afora para sempre, a Rui Fernandes, forneiro, e á sua muller, Elvira Oanes, unha casa na Rua das Ovellas.

(f. 19 v)

Predito. Sabean todos que eu, Pero Cruu, o bello, jurado da villa de Pontevedra que sõo presente, et que faço por min et por todas mĩas voses, aforo et dou en aforamento desde oje este dia endeante, para todo senpre, a vos Rui Fernandes, forneiro, morador ẽna dita vila et a vosa moller Elvira Eanes et a todas vosas voses et suas a mina casa, disimo a Deus, que esta ẽna Rua das Ovellas, freigesia de Santa Maria a Grande desta villa, a qual casa se ten por parede con outra casa de Juan Peres, notario da dita villa, de hũa parte, da outra parte se ten por cume et tavoado con outra mĩa casa que de min ten aforada Fernan Dominges, pedreiro, et vay entestar ẽno eixido de Pero Falcon, et sal con portas aa dita Rua das Ovellas. Et aforovos para senpre, como dito he, a dita casa con seu terreo en que esta et con sua pedra et tella et ferro et madeira et d´ancho et de longo.